Jacinto Rivero Mira, nado en San Cristovo de Cea cara a 1908 e finado en Cidade de México o 9 de setembro de 1959, foi un político galego.

Traxectoria Perito mercantil en Ourense. Na República militou en Acción Republicana, da que foi elixido secretario da agrupación de Ourense en xuño de 1933.La Región, 16-6-1933, p. 2. Despois integrouse en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército sublevado ao ser mobilizado o seu reemprazo. Desertou e pasou a zona leal. Exiliouse en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 7-11-1941, p. 4081-4082. Finou en México o 9 de setembro de 1959.La Región, 8-9-1960, p. 2. Vida persoal

Casou en México con Lorenza Alcántara Molina en 1944. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Manuel Blanco González, Jacinto Rivero Mira, Antonio de la Fuente, Ricardo Rodríguez Rodríguez, Victoriano González Álvarez, Benjamín Rúa Álvarez, Constante González, Camilo Redonet Estévez, Leopoldo López Lois e Fermín Varela Sueiro. "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1959