Alicia Relinque Eleta, nada en Madrid en 1960, é unha profesora e tradutora española especializada na lingua chinesa clásica. Entre as súas áreas de estudo, destacan a literatura clásica chinesa, a teoría da literatura, a crítica literaria e o teatro chinés. Na actualidade, traballa na Universidade de Granada.
Traxectoria Licenciouse en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, para logo estudar Sinoloxía na Universidade de París VII. Estivo catro anos como bolseira na Universidade de Beijing. Doutorouse pola Universidade de Granada.
Foi profesora invitada na Universidade de Beijing, na Universidade da Cidade de Hong Kong e na Universidade de Estudos Estranxeiros de Guandong. Realizou estancias de investigación en Harvard, no SOAS da Universidade de Londres e colaborou coa Universidade Aberta de Cataluña.
Recoñecementos No 2017, recibiu o premio especial do libro do goberno chinés. Así mesmo, foi galardoada co premio de Tradución Literaria Marcela de Juan, o premio Cátedra Chinesa e o premio do China Club á Traxectoria Profesional.
Publicacións Traducións El corazón de la literatura y el cincelado de dragones, de Liu Xie Ensayo sobre literatura, de Cao Pi El huérfano del clan de los Zhao, de Ji Junxiang La injusticia contra Dou E, de Guan Hanqing Historia del ala oeste, de Wang Shifu Jin Ping Mei, do erudito das risadas El pabellón de las peonías, de Tang Xianzu (premio de Traducción Marcela de Juan) Historia del Caballero Encantado, de Lin Shu (unha versión do Don Quixote de Cervantes en chinés clásico)
Monografías La construcción del poder en la China Antigua (2009)
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Nados en 1960