O segredo do humor é un ensaio do escritor e filósofo friolés Celestino Fernández de la Vega, publicado orixinalmente no ano 1963 pola editorial Galaxia. Está considerado un dos ensaios máis importantes do século XX en lingua galega.
Historia O texto foi escrito contra 1960, ano no que foi galardoado co premio Padre Feijóo do Centro Galego de Bos Aires. Malia que Galaxia anunciou a súa publicación ó ano seguinte, a obra non saíu do prelo até 1963. Segundo confesión do propio autor, foi o seu colega Ramón Piñeiro quen o animou a rematala; este último describiu o resultado coma "un espléndido libro".
Contidos O segredo do humor tenta achegar unha definición do concepto de humor, encadrada principalmente no marco existencialista do pensamento de Martin Heidegger. Así, enténdese o humor coma unha das formas nas que o ser humano se relaciona co mundo.
Canto ó humor galego, o ensaísta divídeo en dúas categorías: un humor máis amable e integrador, e outro sarcástico e máis escuro. Tamén salienta a relevancia da cultura galega e portuguesa na península ibérica a respecto do humor:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Celestino Fernández de la Vega Centro Gallego de Buenos Aires Editorial Galaxia Humor Ramón Piñeiro
Ligazóns externas Celestino Fernández de la Vega e o segredo do humor La Voz entrega hoxe o libro O segredo do humor
Categoría:Literatura en lingua galega Categoría:Obras de Celestino Fernández de la Vega