Piratas (en ) é un filme de 1986 dirixido por Roman Polanski e escrito por Gérard Brach, John Brownjohn e Polanski. Inspirouse no amor de Polanski polos filmes clásicos de piratas, así como na atracción Piratas do Caribe de Disneyland. Polanski comezou a planificar o filme en 1976 como continuación de Chinatown, mais a produción adiouse varias veces debido á falta de financiamento e á fuxida de Polanski dos Estados Unidos para evitar a sentenza pola súa violación confesa dunha menor.

Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cinema de Cannes, e foi un fracaso de recadación, aínda que o deseño de vestiario foi nomeado ao Óscar.

Estreouse en galego o 19 de febreiro de 2000 a través da TVG.Hemeroteca do ABC 19.02.2000

Personaxes

Walter Matthau como Capitán Thomas Bartholomew Red Cris Campion como Jean-Baptiste / The Frog Charlotte Lewis como María Dolores Eugenia del Alcalde Roy Kinnear como "Dutch" Roger Ashton-Griffiths como Moonhead Damien Thomas como Don Alfonso de Salamanca de la Torre Olu Jacobs como Boomako Ferdy Mayne como Capitán Linares David Kelly como Surgeon Anthony Peck como Anthony Dawnson Anthony Dawson como oficial español Richard Dieux como oficial español Jacques Maury como oficial español José Santamaría como Master At Arms Robert Dorning como Commander of Marines Luc Jamati como Pepito González Emilio Fernández como Angelito Władysław Komar como Jesus Richard Pearson como Padre Ian Dury como "Meat Hook" Sydney Bromley como Diddler Michael Elphick como Sentry Georges Montillier como Duenna Tony Peck como oficial español Bill Stewart como Ginge Georges Trillat como Pockmarked Sailor David Foxxe como Cook Eugeniusz Priwieziencew como Hunchback Cardew Robinson como avogado Bill Fraser como o gobernador Daniel Emilfork como Hendrik Carole Fredericks

Notas

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Tunisia Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes dirixidos por Roman Polanski Categoría:Filmes de piratas Categoría:Filmes de Golan-Globus Categoría:Filmes rodados en Tunisia Categoría:Filmes rodados nas Seychelles Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes ambientados en Tunisia Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego