Suppón I (ou Suppone), finado o 5 de marzo de 824, foi un nobre franco que tiña terras no Regnum Italicum a principios do século IX. Traxectoria En 817, foi nomeado conde de Brescia, Parma, Piacenza, Módena e Bérgamo. Foi nomeado tamén missus dominicus, xunto co bispo de Brescia Rataldo, para Italia. En 818, foi instrumento eficaz para reprimir a rebelión de Bernaldo contra o emperador, Lois o Piadoso. En 822, tras a abdicación e morte do duque Winixiso, Suppón foi nomeado duque de Spoleto polo agradecido emperador e cedeu Brescia ao seu fillo Mauringo. A morte de Suppón foi lembrada por Einhardo e Spoleto pasou a mans de Adelardo, que morreu aos cinco meses, deixándolle o ducado a Mauringo.
Suppón probabelmente tiña unha esposa longobarda, pois o seu segundo fillo levaba o nome de Adelchis.
Véxase tamén
Bibliografía Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press: 1981.
Categoría:Francos Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Duques de Spoleto Categoría:Finados en 824 Categoría:Historia de Italia do século IX