Javier "Javi" Puado Díaz, nado en Barcelona o 25 de maio de 1998, é un futbolista catalán que xoga na posición de extremo ou dianteiro. O seu equipo actual é o RCD Espanyol da Primeira División.
Traxectoria en clubs En 2014, tras formarse na base do Barcelona e do Cornellà, Javi Puado ingresou nas categorías inferioes do RCD Espanyol. O 20 de agosto de 2016 debutou co Espanyol B nun partido de Segunda División B contra o Llagostera. Poucos días despois, Puado sufriu unha lesión de xeonllo durante un partido contra o Valencia Mestalla. Tras oito meses de recuperación, o 14 de maio de 2017 regresou ao terreo de xogo e anotou un gol nun encontro contra o Sabadell, co equipo filial xa descendido.
En xuño de 2017, Puado renovou o seu contrato até 2022. Durante a seguinte tempada marcou 12 goles e foi unha peza chave para lograr o regreso do Espanyol B á terceira categoría. O 28 de maio de 2018 foi promovido ao primeiro equipo na Primeira División. Debutou o 18 de agosto dese ano, entrando como substituto de Pablo Piatti nun partido contra o Celta de Vigo. O seu primeiro gol profesional tivo lugar o 1 de novembro de 2022 antes o Cádiz nos dezaseisavos de final da Copa do Rei 2018/19.
O 16 de novembro de 2019, Puado foi cedido ao Real Zaragoza da Segunda División para cubrir a baixa por lesión de Raphael Dwamena. Regresou ao club catalán para a tempada 2020/21 e contribuíu ao seu ascenso á Primeira División cunha marca de 12 goles, a segunda mellor do equipo tras os 23 de Raúl de Tomás.
Durante a campaña 2023/24, un gol de Puado contra o Real Oviedo foi decisivo para gañar a promoción de ascenso e certificar o regreso do Espanyol á máxima categoría. No inicio da tempada 2024/25, Javi Puado alcanzou os 28 goles no RCDE Stadium e converteuse no máximo goleador histórico neste campo, superando xogadores como Sergio García e Raúl de Tomás. Os 12 goles de Puado durante esa campaña, incluído un penalti na última xornada contra Las Palmas, foron determinantes para conseguir a permanencia na Primeira División. En xullo de 2025, Puado estendeu o seu contrato até 2030.
Traxectoria internacional Cataluña O 25 de marzo de 2019, Puado debutou coa Selección de fútbol de Cataluña nun partido amigábel contra Venezuela no que anotou o gol da vitoria. En 2022 participou no partido de Cataluña contra Xamaica, un encontro no que Puado marcou o sexto e derradeiro tanto para un resultado final 6-0.
España O 6 de setembro de 2019, Javi Puado debutou coa selección de fútbol sub-21 de España nun partido contra Kazakhstán durante a clasificación para o Eurocopa de Fútbol Sub-21. Foi seleccionado por Luis de la Fuente para xogar as fases finais do torneo, anotando goles na etapa de grupos contra Eslovenia e nos cuartos de final contra Croacia. O 8 de xuño de 2021 debutou coa selección absoluta nun amigábel contra Lituania no que Puado anotou un gol.
Vida persoal O pai de Javi Puado, Francisco Javier Puado, tamén xogou como futbolista e dianteiro. A maioría da súa carreira tivo lugar nas divisións inferiores de fútbol, pero chegou a formar parte do Osasuna por un breve período de tempo.
Palmarés Espanyol Segunda División: 2020–21
Selección española sub-23 Medalla de prata no Xogos Olímpicos: 2020
Individual Gol do Mes de La Liga: xaneiro de 2025 Equipo do torneo na Eurocopa de Fútbol Sub-21 Team of the Tournament: 2011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Javi Puado en BDFutbol Javi Puado en LaPreferente.com Javi Puado en Soccerway
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020