Alternativa por Padrón (AxP) foi un partido político galego de ámbito local de Padrón creado en 2015.

Historia Xurdiu a partir da iniciativa do empresario Cesáreo González Pardal, quen presentou no ano 2015 a súa candidatura á alcaldía de Padrón coa vontade de comparecer nos seguintes comicios municipais á fronte dunha nova formación política. Nas eleccións municipais de 2015 obtivo un concelleiro, pasando a formar parte da oposición, gobernando o PP en minoría. No ano 2017 os partidos da oposición PGD, PSdeG-PSOE, Veciños e AxP acadaron un acordo de goberno que non contou co respaldo necesario para presentar unha moción de censura contra o goberno do PP ó mostrarse os representantes da CIPa e o BNG desconformes coa proposta. Non compareceu ás eleccións municipais de 2019, abandonando Cesáreo González Pardal a política tras ser elixido presidente do Clúster Turismo de Galicia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Padrón

Categoría:Padrón Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia