O Patrimonio Xudeu-Medieval de Erfurt é un conxunto de edificios na parte da Cidade Vella de Erfurt, Alemaña, recoñecidos como un elemento do patrimonio cultural xudeu. Inscribiuse no Patrimonio da Humanidade en Alemaña da UNESCO en 2023. Inclúe a Sinagoga Vella de Erfurt, a sinagoga máis antiga de Europa, a Mikveh de Erfurt, unha mikve que foi redescuberta en 2007, e a Casa de Pedra (Steinernes Haus), un edificio residencial do século XIII que foi propiedade xudea ata a actualidade.Jewish-Medieval Heritage of Erfurt

Lista de edificios

Os 3 bens arquitectónicos incluídos na lista. Imaxe ID Nome Localización Coordenadas Descrición 200px 1656-001 Sinagoga antiga Alemaña Edificio de dous andares feito de cantaría e cachotaría sobre unha base rectangular (aprox. 18 × 12 m) cun tellado a dúas augas asimétrico. Altura do beirado aprox. 10 m. Biforio da primeira fase de construción arredor do ano 1100. Alteracións na segunda metade do século XII, fases de construción adicionais arredor do ano 1300. Documentáronse polo menos sete fases de construción en total. 200px 1656-002 Mikveh Alemaña Baño ritual no río Gera. O muro sur pertence a unha mikve máis antiga que data do século XII. A superficie orixinal era de aproximadamente 9 × 3 metros, probablemente cun teito a dúas augas sobre a bóveda de canón interior. Cantería de pedra calcaria. Unha conca de auga de arenito abrangue toda a anchura do lado leste do edificio. Os fragmentos de muro restantes están rodeados por unha estrutura protectora moderna. 200px 1656-003 Casa de pedra Alemaña Edificio residencial e comercial de pedra de dous andares cun soto de teito plano, teitos altos na planta baixa e teitos baixos na planta superior. Os teitos de madeira do século XIII están pintados cun motivo floral.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Alemaña