Cristian Fojón Caruncho, nado en Ortigueira en 1997, é un autor galego de banda deseñada. O seu nome artístico é Cristian F. Caruncho.
Traxectoria
Profesor de debuxo e banda deseñada. Nas súas historietas maniféstanse tanto as súas preocupacións ecolóxicas e ambientais coma o seu coñecemento do rural galego, sen relegar a problemática social e cun estilo depurado. Ten obra exposta no Museo Ortegalia e no Museo Provincial de Ourense.
Non últimos anos ten elaborado, co patrocinio do concello de Ortigueira, varios murais en colaboración coa muralista compostelá Lidia Cao, con experiencia internacional. Os murais seguen a estética de personaxes das obras de Cristian, se ben a técnica de elaboracion conta co experiencia da artista coa que forma un tándem artístico.
Obras Historias de Regho Torto (2010) Grandarroiba (2019; ISBN 9788494893162) Saínza a Punkeireteira (María Canosa, 2022; ilustración. ISBN 9788412612202) O día de San Martiño (2025; Premio Castelao)
Recoñecementos
Concurso de banda deseñada da Mariña 2011, convocado pola Asociación Cultural Os Matos - Biblioteca IES Perdouro (Burela), coa primeira parte de O home que liberou a fraga.
Concurso Curuxa Nova 2016, convocado polo Museo do Humor de Fene.
1ª e 3ª edición do Certame Benito Losada, convocado no marco das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
Primeiro premio Carlos Casares 2020, convocado pola Fundación Carlos Casares e a Deputación de Ourense
Premio Castelao de Banda Deseñada 2023 por O día de San Martiño.
Notas
Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Nados en Ortigueira