Alejandro Álvarez Justo, nado nas Chás (Oímbra) cara a 1911 e finado en Ourense o 16 de outubro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Era curmán de Demetrio García Álvarez. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado a filas polo exército rebelde. Desertou. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1937,La Región, 2-2-1937, p. 3. co resultado de incautación ou embargo de todos os seus bens. Foi detido e ingresou na prisión de Ourense o 15 de abril de 1940. Saíu da prisión o 10 de maio para ir á Prisión Provincial de Pontevedra a disposición do Rexemento de Artillaría de Montaña nº 29. Botouse ao monte e formou parte do grupo guerrilleiro de Demetrio García Álvarez. A delación de Luciano Salgado Nieves implicouno no asalto a Lamasdeite. Detido o 21 de outubro de 1946, por complicidade con José dos Santos Alafayate no intento de roubo a Felisido Feijóo Araujo o 25 de xullo, foi procesado con Pablo García Álvarez, Luciano Salgado Nieves e Enrique Rivas Rodríguez pola causa 348/46. Xulgado en Ourense o 11 de xuño e condenado a morte, foi fusilado na prisión de Ourense o 16 de outubro de 1947 con Pablo García e Luciano Salgado.La Voz de Galicia, 17-10-1947, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Alejandro Álvarez Justo
Expediente de responsabilidades políticas de Alejandro Álvarez Justo.
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Oímbra Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Antifranquistas de Galicia