A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).

No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.

Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.

A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.

Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.

Riscos físicos De interior montañoso, a provincia de Valencia presenta unha relativamente extensa chaira litoral, formada por terreos de aluvión, que serve de asento á fértil horta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo de Cullera, englobando na súa totalidade o Golfo de Valencia, que se estende desde o cabo da Nao ao de Oropesa.

Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son o Turia (que desauga nas proximidades da cidade de Valencia, tras ter sido desviado a súa canle) e o Xúcar (que desemboca en Cullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome de Albufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son o Palancia, que desemboca cerca de Sagunt, e máis o Serpis, que desemboca en Gandia.

Comarcas Está dividida nas seguintes comarcas: Canal de Navarrés Camp de Morvedre Camp de Túria ou Campo do Turia. Costera Foia de Bunyol Horta de Valencia, subdividida en: Horta Nord Horta Oest Horta Sud Ciutat de València Plana d'Utiel ou Chaira de Utiel Racó d'Ademús ou Rincón de Ademuz Ribera Alta Ribera Baixa Safor Serrans Vall d'Albaida Vall de Cofrents

Demografía

Valencia