Pedro Escudero Araújo, nado en Val de San Lorenzo (provincia de León) o 26 de xuño de 1975, é un investidor e empresario financeiro galego.

Traxectoria Aínda que Pedro Escudero naceu na casa dos avós en Val de San Lorenzo, criouse na vila da Rúa, onde o pai traballaba nos encoros do Sil. Aos 14 anos marchou a familia a vivir a Valladolid. Na adolescencia destacou como xogador de tenis, mudouse a Barcelona, e chegou a estar entre os mellores 1000 xogadores do planeta en 1994, pero unha lesión de cóbado truncoulle a carreira deportiva.

En 1996 marchou visitar e xogar, aínda que lesionado, na Universidade do Estado de Luisiana. Ao pouco, comezou a cursar Economía e Literatura na Universidade Duke (Carolina do Norte) onde despois completou un MBA en finanzas.

Traballou en Lehman Brothers (1990-2001), Citigroup (2001-2008), Deutsche Bank e J.P. Morgan, con responsabilidades en xestión de activos e mercados internacionais. En 2017 fundou o fondo de investimento Doma Perpetual Capital Management, con sede en Delaware e operacións en Miami. O fondo, que en 2025 tiña presuntamente unha rendibilidade do 18%, céntrase en compañías con modelos de negocio sólidos cunha filosofía de investimento de longo prazo.

En xaneiro de 2026 a CNMV autorizou a creación da xestora de valores Silverway Asset Management, unha sociedade de investimento con sede en Madrid, onde quixo aplicar o modelo de Doma Perpetual.

Vida persoal Posúe unha residencia en Coral Gables (Miami).

Casou nos Estados Unidos e ten dúas fillas. A familia vívelle na Coruña.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hedge fund

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade Duke Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Empresarios do sector financeiro Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes