Donna L. Weaver, nada en Covington, Kentucky, o 27 de decembro de 1949, é unha escultora estadounidense coñecida polos seus deseños de medallas e moedas dos Estados Unidos.

Traxectoria

Weaver naceu o 27 de decembro de 1949 en Covington, Kentucky,Smith, P. (2025). e pasou a súa infancia en Fort Mitchell, no condado de Kenton, Kentucky.Coleman, B. (2015). "Indiana coin artist treasures her historic home". En WCPO 9 Cincinnati. 26 de novembro.

Asistiu á escola primaria Beechwood e logo cursou os seus estudos artísticos na Academia de Arte de Cincinnati, onde estudou pintura, gravado e escultura, e alí graduouse en Belas Artes en 1965, e acadou o mestrado en 1966."About the sculptor...". Waxportraits.com

Entre 1986 e 2000, Weaver traballou na compañía Kenner Toys, onde deseñou figuras de acción e xoguetes. Máis tarde traballou para Gibson Greeting Cards, creando tarxetas de felicitación.Whitman, S. (2018). "Artist Donna Weaver selected to create Woodfill bust". Roundaboutmadison.com.

Gravadora da US Mint Weaver comezou a traballar na Ceca de Filadelfia, da US Mint, en xullo de 2000 como escultora-gravadora.Gilkes, P. (2006). "Engraver Weaver retires, Designer of coins leaves post Jan 13". En Coin World. Vol. 47. Nº 2393. Páxina 109."NGC Signs Signature Label Deal with Donna Weaver". Numismatic Guaranty Company (ngccoin.com). Entre outras, a Weaver encomendóuselle o deseño e gravado de catro das cinco moedas dun cuarto de dólar dos 50 estados emitidas en 2002, correspondentes aos estados de Indiana, Mississippi, Ohio e Tennessee. Máis tarde ocupouse do deseño e o gravado os cuartos de dólar estatais de Maine e Illinois (2003), e de Oregón (2005)."Donna Weaver". United states Mint (usmint.gov). Weaver foi tamén a autora do gravado do anverso das moedas de 5 centavos Jefferson a partir de 2006, sobre os deseños de Jamie Franki."5 Cents "Jefferson Nickel" 2nd portrait, Return to Monticello". Numista.com"A First for the United States: Jefferson to Face Forward on 2006 Nickel". United States Mint (Usmint.gov). Outras das moedas conmemorativas nas que participou son o dólar de prata do Bicentenario de Lewis & Clark, o reverso do dólar de prata do presidente do Tribunal Supremo John Marshall, e o anverso do dólar de prata de Thomas Alva Edison. En total, Weaver deseñou máis de 30 moedas e medallas emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos."Donna Weaver". Numista.com

Aínda que se xubilou en 2006, en 2007, Weaver foi incluída dentro do Programa de Infusión Artística, o que lle permitiu continuar deseñando modelos para a Casa da Moeda como traballadora independente."Artistic Infusion Program Invites Artists to Design Nation’s Coins and Medals". United States Mint (Usmint.gov).Gilkes, P. (2024). "Additional artists brought on board for Mint program". En Coin World. 24 de marzo. Mediante este programa, modelou os cuartos de dólar dos estados de Idaho, Montana e Wyoming. O seu deseño para a Medalla Nacional do 10º aniversario do 11 de setembro recibiu moitos eloxios.TAMS Journal. Token and Medal Society. Vol II. Nº 5. 2011. Páxina 144. Tamén deseñou varios reversos para o programa de cuartos de dólar America the Beautiful, como os que representan o Parque Nacional Histórico da Cultura Chaco e o Parque Nacional dos Arcos e a Costa Nacional da Illa Cumberland.

Á marxe da numismática, Donna Weaver reiviu a arte dos retratos de cera en miniatura en baixorrelevo, que foi popular nos Estados Unidos entre 1750 e 1840. Nomeada unha das mellores artesás pola revista Early American Life, os seus retratos de cera foron considerados de calidade museística.

Ademais, o interese de Weaver pola historia levouna a ser presidenta da Sociedade Histórica do Condado de Switzerland, e foi tamén unha das fundadoras e directora do Museo de Historia de Venoge.Williams, E. (2021). "Musee de Venoge wins prestigious award from Indiana Landmarks". En Vevay Newspapers. 29 de xuño.

Vida persoal Estivo casada co xeólogo Thomas Weaver, finado en decembro de 2002, a quen coñecera na súa época de estudante. A parella tivo dous fillos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2025). "Weaver, Donna L.". En American Numismatic Biographies. Páxina 443.

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Rhode Island Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes