José Fernández Beltrán, nado en Pontevedra cara a 1903, foi un telegrafista e político galego.
Traxectoria Telegrafista e perito agrícola. Telegrafista nas Palmas de Gran Canaria, foi trasladado a Vilagarcía de Arousa en 1930.El Eco de Santiago, 11-10-1930, p. 2. Pasou a Castropol en xaneiro de 1932.El Ideal Gallego, 28-1-1932, p. 8. Pasou despois a Xixón e en xuño de 1934 foi nomeado telegrafista da Estrada.El Ideal Gallego, 13-6-1934, p. 6. Era oficial primeiro de telégrafos en Ourense en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 31 de maio de 1937. Pasou pola prisión do Mosteiro de Oseira e pola Prisión Habilitada do Cumial, reingresando na prisión de Ourense o 12 de agosto de 1938. Foi trasladado a Donostia para un intercambio de presos o 26 de outubro. Foi un dos intercambiados polos 147 refuxiados na embaixada de Cuba en Madrid en novembro de 1938.La Vanguardia, 26-11-1938, p. 2. Pasou a territorio leal e foi capitán de Enxeñeiros. Coa caída de Cataluña en 1939 pasou a Francia. Exiliouse en México.Solicitudes de refugiados españoles que desean internarse en México. Como consecuencia do proceso de depuración foi separado do servizo e baixa na escala en setembro de 1940.BOE, 25-9-1940, p. 6641 Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso José Fernández Beltrán
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido