Richard Alan Masters, nado en Sioux City, Iowa, o 5 de agosto de 1955, é un deseñador gráfico, artista e deseñador de medallas e moedas estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Richard Masters, nado o 5 de agosto de 1955 en Sioux City, Iowa,Smith, P. (2025). cursou estudos de Belas Artes na Escola de Arte e Historia da Arte da Universidade de Iowa, onde en 1990 acadou o seu mestrado en Deseño."Richard Masters, Designer. Artistic Infusion Program". United States Mint (Usmint.gov)."Richard Masters". Theorg.com"Richard A. Masters". Gallery Yonhee (Galleryyonhee.wixsite.com).
Carreira artística e profesional Posteriormente trasladouse a Wisconsin, onde traballou como ilustrador independente no seu estudio RaM Studio & Gallery. Tamén exerceu a docencia de Deseño Gráfico na Universidade de Wisconsin-Oshkosh durante 19 anos, ata a súa xubilación como profesor emérito en 2015.
Como creador, Masters traballa adoito con grafito ou lapis de cores, aínda que tamén utilizou outros medios. A súa obra descríbese habitualmente como meticulosamente detallada, cunha temática que abrangue desde escenas da natureza e representacións arquitectónicas ata os aspectos sombríos da vida urbana e as persoas sen fogar.
As súas obras formaron parte de exposicións en todo o mundo, e gañaron numerosos premios."Connecticut Pastel Society award". Salmagundi.org"2007 Explore This! 4 Awards". Colored Pencil Society of America (CPSA.org).
En 2004, Masters foi un dos artistas escollidos para formar parte do Programa de Infusión Artística da Casa da Moeda dos Estados Unidos, en condición de mestre deseñador. Este programa xuntou artistas con experiencia nas artes visuais para enriquecer e elevar o deseño de moedas estadounidenses."Call for Artists". United States Mint (Usmint.gov). A súa relación coa numismática xa existía desde antes, como coleccionista desde había moitos anos.Byrd, B. (2008). "More than coining a phrase: Richard Masters is making cents with his art degree and circulating UI lessons among future designers". En Daily Iowan. 2 de outubro. Páxina 1. Os seus deseños presentados dentro deste programa foron seleccionados para máis de 30 moedas e medallas cuñadas pola US Mint.Nyman, S. (2020). "UWO professor emeritus artist plenty inspired by NYC—pandemic and all". En UW Oshkosh Today. 7 de agosto.
O seu primeiro deseño de moeda foi o anverso do cuarto de dólar da serie dos 50 estados correspondente ao estado de Nebraska, en 2006. Outro dos seus deseños, o do dólar de prata da Desegregación do Little Rock Central High School (2007), chegou a ser merecedor do Premio Moeda do Ano ao mellor evento contemporáneo en 2009.Giedroyc, R. (2023). "Little Rock Dollar a Coin of the Year Winner". En Numismatic News. 29 de abril."Prof’s coin design wins international award". En UW Oshkosh Today. 10 de marzo de 2009. E este éxito repetiuse coa moeda de ouro de 100 dólares American Liberty (2021), gañadora como mellor moeda de ouro na edición de 2023 do mesmo premio."Canada Dominates in COTY Category Wins". En Numismatic News. 17 de xaneiro de 2023.
Entre as series de moedas circulantes máis populares destacan os seus deseños para a moeda dun centavo Lincoln de 2009 e para as series do dólar Sacagawea (2011), do dólar presidencial (2016), dos cuartos de dólar America the Beautiful (2017, 2018, 2020) e do dólar American Innovation (2019, 2020)."Richard Masters". Numista.com
Vida persoal Logo de se retirar da docencia en 2015, Masters pasou a residir en Nova York coa súa esposa, MeeWha Alana Lee, dedicada ás artes escénicas e que tamén foi profesora da Universidade de Wisconsin-Oshkosh.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2025). "Masters, Richard A.". En American Numismatic Biographies. Páxina 286.
Ligazóns externas
Sitio web de Richard Masters
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Iowa Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Iowa Categoría:Profesores da Universidade de Wisconsin Categoría:Medallas