Juozas Zikaras, nado en Paliūkai, condado de Panevėžys, o 18 de novembro de 1881 e finado en Kaunas o 10 de novembro de 1944, foi un escultor lituano, coñecido por ser autor das moedas do seu país anteriores á segunda guerra mundial.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Zikaras naceu o 18 de novembro de 1881 na vila de Paliūkai, preto de Panevėžys,"Juozas Zikaras". Findagrave.com"Jouzas Zikaras". Paneveziokrastas.pavb.lt"Juozas Zikaras". Lithuanianart.com no seo dunha familia de labregos sen terra."Sculptures by Jouzas Zikaras". En Lithuanian Quarterly Journal of Arts and Sciences. Vol. 50. Nº 4. 2004. Pasou a súa infancia nun ambiente social reivindicador da identidade nacional lituana fronte ao tsarismo ruso, algo que se reflicte na súa obra posterior."Juozas Zikaras, 1881-1944". Wahooart.com Durante os primeiros anos traballou como carpindeiro e como xornaleiro en granxas veciñas. Tamén aprendeu música, e no seu tempo de lecer tallaba figuriñas de madeira e pintando retratos e pasisaxes.

Comezou a súa formación artística con Józef Montwiłł na Escola de Debuxo de Vilnius (1904-1906), centrándose no debuxo. Logo marchou a San Petersburgo, onde de 1906 a 1916 estudou na Escola de Debuxo da Sociedade de Promoción da Arte, e tamén asistiu a clases de escultura na Academia Imperial de Promoción das Artes desa cidade. Este coñecemento da escultura foi algo definitorio da súa traxectoria artística posterior.

Entre 1915 e 1917 levou a cabo o seu servizo militar no exército ruso.

Traxectoria profesional e artística Concluída a súa etapa formativa, Zikaras dedicouse á docencia. Primeiro, entre 1917 e 1918, traballou como profesor no instituto GK Štemberg e na Escola Real de San Petersburgo. Logo, xa de volta en Lituania, no Seminario de Mestres Panevėžys (1919-1921) e no instituto estatal de Panevėžys (1919 e 1928). Entre 1928 e 1940 ensinou Escultura na Escola de Arte de Kaunas, e entre ese ano e 1944 no Instituto de Artes Aplicadas e Decorativas de Kaunas.

Mais pouco a pouco o seu interese foi centrándose na escultura, con obras en bronce como Soño (1923), Quietude (1923), Esperanza (1925), Fantasía (1926), Madonna moderna (1928) ou Liberdade (1928), esta última creada para conmemorar o décimo aniversario da independencia lituana e que se converteu nun símbolo de liberdade para o pobo lituano. Como recoñecemento a esta escultura, Zikaras recibiu a Medalla da Independencia pola Liberdade.

Como escultor, Zikaras foi creador de bustos e retratos en baixorrelevo de persoeiros da sociedade e da cultura do seu tepo, así como monumentos. Tamén creou composicións figurativas en relevo, esculturas decorativas para interiores e libros ilustrados. Na súa obra baseouse en dous estilos de expresión diferentes, aínda que ambos cargados de simbolismo: un tradicional, realista e moi refinado, característico de obras como Liberdade, Nai ou Soño, e outro de talla en bruto, máis expresionista, presente en obras como Pensador ou Francesca de Rimini no Inferno.

Zikaras foi autor de 121 esculturas, baixorrelevos e maquetas, 75 pinturas e obras gráficas e 69 modelos de moedas que se conservan no Museo Nacional de Arte Mikalojus Konstantinas Čiurlionis de Kaunas. Outras 157 obras consérvanse en varios museos de Lituania, así como en diversas coleccións privadas.

Entre 1932 e 1938, foi presidente da Sociedade de Artistas Lituanos. Tamén foi membro da Unión de Artistas Lituanos e da Sociedade de Arte de Lituania. miniatura|Moeda de 5 cents de litas de 1925, deseñada por Zikaras."5 Centai". Numista.com Con todo algúns dos traballos que lle reportaron máis sona non foron escultóricos, senón numismáticos, xa que a Zikaras se lle encargron os deseños das moedas da primeira serie do litas lituano emitidas logo da independencia do país e antes da segunda guerra mundial, que pasaron a ser un poderoso símbolo de orgullo e resiliencia nacional. Estas moedas amosaban no seu anverso unha interpretación do Vytis como emblema nacional."Jouzas Zikaras". Numista.com Máis recentemente, a súa estatua Liberdade foi retomada como motivo principal dos reversos dunha moeda conmemorativa de 50 litų de 2000 conmemorativa do décimo aniversario do restablecemento da independencia do país, así como de varios billetes lituanos, entre eles o de 20 litu emitido a partir de 2001."Juozas Zikaras in the history of Lithuanian numismatics". Pinigų Muziejus (Pinigumuziejus.lt).

Ademais das moedas, tamén deseñou medallas e outros obxectos conmemorativos, todos eles sobre temas da historia nacional, do folclore e da vida rural.

Entre outros recoñecementos pola súa traxectoria, Zikaras recibiu a Orde do Gran Duque de Lituania Gediminas de segundo grao e, en 2012, foi nomeado Cidadán Honorario de Panevėžys.

Derradeiros anos e legado miniatura|289x289px|Tumba de Juozas Zikaras en Petrašiūnai. O compromiso de Zikaras coa súa patria no marco das complexidades políticas da época supuxérolle numerosos problemas na época soviética. A súa acusación de acoller familiares relacionados cos combatentes da resistencia que loitaban contra as forzas soviéticas levárono a sufrir uns interrogatorios que se lle fixeron insoportables e, finalmente, o 10 de novembro de 1944 escolleu o suicidio antes de soportar máis persecución, administrándose unha dose letal de morfina. Este acto de desafío consolidou o seu status como mártir da independencia lituana e como símbolo de sacrificio fronte á opresión.

Vida persoal Juozas Zikaras casou en 1914 con Anelė Tūbelytė-Zikarienė (1888-1963), con quen tivo catro fillos; Vaidutis J., Teisutis Joseph, Vainutis e Alyse Elena.

Logo do seu suicidio o 10 de novembro de 1944, o seu corpo foi soterrado no cemiterio Petrašiūnai, de Kaunas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

J. Zikaras House-Museum

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Nados no condado de Panevėžys Categoría:Escultores de Lituania Categoría:Deseñadores de moeda de Lituania Categoría:Abusos dos dereitos humanos na Unión Soviética Categoría:Suicidas Categoría:Medallas