A Dirección Xeral de Seguridade (DGS) foi un organismo español dependente do Ministerio de Gobernación e responsábel da política de orde pública en todo o territorio estatal. O organismo renomeouse brevemente como Dirección Xeral de Orde Pública entre 1921 e 1923, cando recuperou a súa designación orixinal. Finalizada a guerra civil española, o organismo incrementou o seu papel de control da orde pública durante a Ditadura de Franco e converteuse nun dos resortes principais da represión franquista. Foi suprimida en 1979 ao asumir as súas funcións a Dirección Xeral da Policía.
Historia
Orixes e creación O 24 de marzo de 1858 xa se creou unha Dirección Xeral de Seguridade e de Orde Pública. Foi nomeado para o cargo Manuel Ruiz del Cerro. Con todo, este organismo tivo unha existencia moi curta e en outubro dese ano foi disolto.
En 1886 volveuse crear unha Dirección Xeral de Seguridade, dependente do Ministerio de Gobernación, que centralizase todos os servizos policiais e corpos de seguridade existentes na época. Foi nomeado primeiro Director Xeral de Seguridade o mariscal Antonio Dabán y Ramírez de Arellano. O organismo foi suprimido en xullo de 1888, aínda que volveu ser creado de novo a finais de 1912. A partir de entón, o novo organismo converteuse nun importante resorte das políticas gobernamentais de orde pública.
Entre xuño de 1921 e novembro de 1923 o organismo foi denominado Dirección Xeral de Orde Pública, recuperando daquela a súa denominación orixinal.
Guerra civil española Tras o comezo da Guerra civil, a DGS quedou baixo control republicano. Porén, viuse impotente para controlar os paseos, checas e outros «actos incontrolados» que se fixeron habituais nos primeiros meses. Aqueles días de xullo o director de Seguridade Alonso Mallol ficou arrepiado ante a situación e non foi capaz de porlle freo eficazmente.Hugh Thomas (1976); páx. 305 Neste contexto, cómpre sinalar un feito de importancia. Durante os primeiros días da contenda, grupos de anarquistas e doutras faccións fixéronse co control de numerosas fichas policiais e expedientes persoais pertencentes aos arquivos do Ministerio da Gobernación. A finais de xullo de 1936 Manuel Muñoz Martínez foi nomeado á fronte da DGS. O seu labor á fronte da mesma fixo que se lle acusase de pasividade ou implicación nos asasinatos do Cárcere Modelo de Madrid e as matanzas de Paracuellos. Con todo, a súa implicación en Paracuellos foi desmentida por algúns historiadores como Ian Gibson, que lembra que para entón a DGS existía máis sobre o papel que na realidade:
Tras os chamados Sucesos de Maio en Cataluña, a DGS fíxose cargo da represión sobre os grupos insurrectos, en particular, sobre o Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM). Do labor encargouse Ricardo Burillo Stholle como xefe superior de Seguridade en Barcelona.
Ditadura franquista Tras o final da guerra civil e o estabelecemento da Ditadura franquista, esta reorganizou profundamente a DGS. Concentrou numerosos servizos baixo o seu control directo e incrementou con iso o seu poder. A política do bando vencedor distaba moito da reconciliación nacional e baseábase enteiramente na visión de «vitoria sobre os vencidos». A nova Lei para a Seguridade do Estado terminou de remarcar este novo carácter da DGS.Jesús Martínez (1998); páx. 32 miniatura|157x157px|Emblema do Corpo Xeral de Policía (1942). José Ungría Jiménez foi nomeado novo director xeral inmediatamente tras o final da guerra, e José Finat y Escrivá de Romaní a continuación del. De feito, Escrivá de Romaní destacou pola súa durísima represión. Mesmo chegou a convidar a Heinrich Himmler para que visitase Madrid coa idea de estabelecer unha colaboración policial coa Gestapo. A súa última decisión como director xeral de Seguridade foi pór en marcha o chamado Arquivo Xudaico, un conxunto de documentos elaborados polos gobernos civís para fichar e ter controlados os xudeus residentes en España, uns 6000. Coa ocupación alemá de Francia en 1940, a Policía franquista estabeleceu no país galo unha rede de axentes co fin de perseguir ou deter os dirixentes da República española no exilio. Un daqueles policías era Pedro Urraca Rendueles, coñecido por ser un dos xefes da rede e polos seus métodos. Desde o comezo contaron co apoio das autoridades da Francia de Vichy e a Gestapo. Así, axiña caeron numerosos líderes e personalidades destacadas do antigo bando republicano. Entre outros foron detidos o exministro de Gobernación Julián Zugazagoitia, o presidente da Generalitat Lluís Companys, o exministro Joan Peiró ou un dos antigos Directores da DGS en época republicana, Manuel Muñoz Martínez.
A partir de 1941 a DGS tivo encomendada a tarefa de vixilancia da moral pública e o cumprimento das regras impostas a partir das directivas sobre conduta e vestimenta elaboradas pola Igrexa católica. Durante o período estival especialmente, a DGS informaba sobre devanditas instrucións. Quedaba prohibido «o uso de pezas de baño indecorosas», xa que se debía cubrir peito e costas. Era obrigatorio o uso de saias para as mulleres e de pantalón de deporte para os homes. Ademai, impuña multas «aos que non observen comportamentos acordes coa moral esixida».
A súa sede, que nesta época estaba situada na Real Casa de Correos da Porta do Sol (Madrid), fíxose famosa como centro de torturas. Foron coñecidos casos como os do dirixente comunista Julián Grimau, o presidente Companys ou o dirixente socialista Tomás Centeno, este último morto en estrañas circunstancias nas dependencias da Dirección Xeral. A etapa de Carlos Arias Navarro como director xeneral, baixo o ministerio de Camilo Alonso Vega, foi especialmente destacada pola represión. O Corpo Xeral de Policía tamén tiña oficinas na Porta do Sol, incluíndo as da Brigada Político-Social.
O 13 de setembro de 1974 a organización armada ETA perpetrou o chamado atentado da Rúa do Correo mediante a colocación dunha bomba na cafetaría Rolando, próxima á sede da DGS. O obxectivo constituíano os numerosos policías que habitualmente visitaban o estabelecemento. Porén, dos 13 mortos que provocou a explosión, só un resultou ser policía. ETA nunca se atreveu a reivindicar o atentado.
Desaparición Tras a morte de Franco e o comezo da Transición, en 1978 a DGS foi reorganizada orgánicamente para adaptala á realidade da época. En 1979 o organismo foi suprimido e converteuse na Dirección Xeral da Policía.
Directores xerais de Seguridade PeríodoInicioFinalizaciónNomePartidoReinado de Afonso XIII(1902-1931)27 de novembro de 19125 de decembro de 1916Ramón Méndez Alanís5 de xaneiro de 191618 de abril de 1919Manuel de la Barrera y CaroMilitar18 de abril de 191920 de abril de 1921Fernando de Torres Almunia20 de abril de 19218 de decembro de 1922Millán Millán de Priego y Bedmar8 de decembro de 192227 de setembro de 1923Carlos Blanco PérezMilitar27 de setembro de 192329 de xaneiro de 1924Miguel Arlegui BayonésMilitar6 de febreiro de 192412 de abril de 1925José González HernándezMilitar12 de abril de 192513 de febreiro de 1930Pedro Bazán EstebanMilitar13 de febreiro de 193015 de abril de 1931Emilio MolaMilitarSegunda República(1931-1939)15 de abril de 193114 de maio de 1931Carlos Blanco PérezMilitar14 de maio de 193118 de decembro de 1931Ángel Galarza GagoPRRS18 de decembro de 19314 de marzo de 1932Ricardo Herráiz Esteve4 de marzo de 19326 de marzo de 1933Arturo Menéndez LópezMilitar6 de marzo de 193314 de setembro de 1933Manuel Andrés CasausAR14 de setembro de 19331 de xuño de 1935José Valdivia y Garci-BorrónMilitar6 de novembro de 193519 de decembro de 1935José Gardoqui UrdanibiaMilitar19 de decembro de 193522 de febreiro de 1936Vicente Santiago HodssonMilitar22 de febreiro de 193631 de xullo de 1936José Alonso MallolIR31 de xullo de 193631 de decembro de 1936Manuel Muñoz MartínezIR31 de decembro de 193620 de maio de 1937Wenceslao Carrillo AlonsoPSOE28 de maio de 193718 de xullo de 1937Antonio Ortega GutiérrezMilitar15 de outubro de 19371 de abril de 1938Carlos de Juan RodríguezPSOE1 de abril de 193810 de abril de 1938Paulino Gómez SaizPSOE10 de abril de 193817 de abril de 1938Juan Ruiz OlazaránPSOE17 de abril de 193813 de marzo de 1939Eduardo Cuevas de la PeñaMilitar13 de marzo de 193929 de marzo de 1939Vicente Girauta LinaresPSOEDitadura Franquista(1939-1975)5 de xaneiro de 193926 de setembro de 1939José Ungría JiménezMilitar26 de setembro de 193910 de maio de 1941José Finat y Escrivá de RomaníFET y de las JONS10 de maio de 194130 de xuño de 1942Gerardo Caballero OlabézarMilitar30 de xuño de 194227 de xullo de 1951Francisco Rodríguez MartínezMilitar27 de xullo de 195125 de xuño de 1957Rafael Hierro MartínezMilitar25 de xuño de 19575 de febreiro de 1965Carlos Arias NavarroFET y de las JONS9 de febreiro de 19651 de novembro de 1965Mariano Tortosa SobejanoMilitar20 de novembro de 19651 de febreiro de 1974Eduardo Blanco RodríguezMilitar1 de febreiro de 197412 de decembro de 1975Francisco Dueñas GavilánMilitarReinado de Xoán Carlos I(dende 1975)12 de decembro de 197523 de xullo de 1976Víctor Castro Sanmartínmilitar23 de xullo de 197623 de decembro de 1976Emilio Rodríguez RománFET y de las JONS23 de decembro de 197610 de maio de 1979Mariano Nicolás GarcíaFET y de las JONS
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Reinado de Afonso XIII Categoría:Segunda República Española Categoría:Franquismo