miniatura|O traxe espacial Yastreb exposto no Museo Estatal Tsiolkovsky de Historia da Cosmonáutica. Yastreb foi o nome dun traxe espacial soviético deseñado para actividades extravehiculares. O seu desenvolvemento comezou en 1965 e a idea era usalo na misión conxunta das Soiuz 1 e 2, pero non foi posible ao cancelarse a misión. Foi usado, en cambio, na misión conxunta das Soiuz 4 e 5 para transferir tripulación entre ambas naves, e iba usarse na misión das Soiuz 7 e 8, pero estas últimas non conseguiron acoplarse. O traxe levaba un pequeno módulo de soporte vital para permitir ao cosmonauta entrar e saír das Soiuz. Non volveu a ser usado en ningunha outra misión.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Berkut (traxe espacial) Orlan (traxe espacial)

Categoría:Traxes espaciais