SAE2 é un xene do lévedo de xemación, que codifica a proteína Sae2, que está implicada na reparación do ADN. Sae2 é un elemento do proceso de recombinación homóloga que se produce en resposta ás roturas de dobre febra. Foi mellor caracterizado no lévedo organismo modelo Saccharomyces cerevisiae. Encóntranse xenes homólogos noutros organismos, como o xene Ctp1 do lévedo de fisión, Com1 en plantas e CtIP en eucariotas superiores como os humanos.
Sae2 e os seus homólogos teñen unhas rexións de baixa complexidade relativamente longas nas súas secuencias primarias e parecen ter grandes rexións intrinsicamente desestruturadas. Sae2 probablemente forma tetrámeros polo superenrolamento das secuencias. As proteínas desta familia son proteínas que se unen ao ADN e están implicadas na resección de extremos do ADN e esténdense abranguendo as roturas de dobre febra. Informouse que Sae2 ten actividade de endonuclease, aínda que non ten unha secuencia de nuclease recoñecible bioinformaticamente e os informes desta actividade non son consistentes na literatura científica.
Notas
Categoría:Xenes de fungos