Adrián Alfonso Rivas, tamén coñecido polo pseudónimo Adrián Bokas, nado en Vigo o 22 de xaneiro do 1986, é un técnico de son, músico e escritor galego.

Traxectoria

Con oito anos ingresou no Conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade de bombardino e con 12 entrou na Banda Lira de San Miguel de Oia. Desde 2011 dedicouse á música moderna e formou parte de Tanghana’s Show, Ex Hedera, A Polémica Banda dos Bechuchos, Zakembi, Ollo Lóstrego! etc. Tamén se dedica ao son en directo, ademais de técnico residente da sala Master Club de Vigo.

A súa primeira novela é Carne Picada (Editorial Aira, 2025), obra que segue a historia de Cibrán, un obreiro industrial que vive nun Vigo distópico.

Obras

Carne picada (2025). Allariz: Aira Editorial. 176 páxs. ISBN 979-13-991007-0-9. Segundo a editora: o debú de Adrián Bokas como escritor, é unha novela punk, excesiva, divertida e chea de chiscadelas á nosa realidade cotiá. Publicada como Adrián Bokas.

Obra colectiva

Tes cinco minutos (2020). Vigo: Galaxia. Textos do alumnado da Escola de Letras de Galaxia e a Deputación de Pontevedra: “Saír, loitar, volver”. ISBN 978-84-9151-607-1.

Premios

2024: Premio Aira de Novela por Entregas por Carne picada.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adrián Bokas fala do seu debut literario 'Carne picada', G24.gal, 07/02/2026

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1986 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes