Álvaro Bastida Moya, nado en Chiclana de la Frontera o 12 de maio de 2004, é un futbolista andaluz que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.

Traxectoria en clubs Tras iniciar a súa carreira deportiva no ACA Sancti Petri, Bastida incorporouse á estrutura de base do Cádiz Club de Fútbol. O 25 de abril de 2021, con só 16 anos, debutou co Cádiz CF Mirandilla da Segunda División B nunha vitoria por 2-1 perante o Sevilla Atlético.

O debut de Bastida na Primeira División tivo lugar o 21 de maio de 2021, cando foi substituto de Jens Jønsson nun partido do Cádiz contra o Levante Unión Deportiva. Á idade de 17 anos e 9 días, Álvaro Bastida converteuse no xogador máis novo da historia do club gaditano en debutar na máxima categoría. O 17 de setembro de 2021, nun partido perante o Celta de Vigo, alcanzou outro logro ao ser o titular máis novo na historia do Cádiz.

Durante as seguintes tempadas, Bastida foi alternando entre o filial e o primeiro equipo do Cádiz CF. O 29 de agosto de 2023 anunciouse a súa cesión ao Atlético Sanluqueño Club de Fútbol da Primeira Federación. Tras unha tempada neste equipo, Bastida regresou ao Cádiz no verán de 2024.

O 1 de setembro de 2025 fíxose oficial o traspaso de Bastida ao Club Deportivo Arenteiro.

Traxectoria internacional Bastida ten xogado nas categorías inferiores da selección española de fútbol. O 24 de agosto de 2021 foi convocado pola selección sub-18 para participar nun torneo amigábel en Francia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Álvaro Bastida en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Chiclana de la Frontera Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Atlético Sanluqueño CF Categoría:Xogadores do CD Arenteiro