San Xoán de Golpellás é unha das nove parroquias do concello ourensán de Calvos de Randín. En 2017 tiña 33 habitantes (13 homes e 20 mulleres). Segundo o INE e o IGE 2011 tiña 47 habitantes (24 homes e 23 mulleres), catro máis ca en 2010 (23 homes e 20 mulleres). Na temporada estival aumenta a poboación. Xeografía Segundo o Nomenclátor de Galicia ten unha única entidade de poboación, Golpellás. As zonas do lugar son A Bouza, O Rego (na parte central da aldea, onde se sitúa a maior concentración humana), A Devesa, O Regalo e O Castiñeiro. Pola parroquia pasa o río Fírvida.

A parroquia ten numerosas fontes e mananciais de auga entre os que destacan o Pozo do Regalo, o da Bouza, o do Esporón, e a Fonte das Moreiras. Conta tamén con distintas eiras, como a Aira da Bouza, Aira do Cano, Aira do Castiñeiro, Aira da Devesa e Aira do Mato.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Golpellás

Parroquias de Calvos de Randín

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Calvos de Randín

Categoría:Parroquias de Calvos de Randín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán