dereita|miniatura|Placa na igrexa de Valongo.

Diego Fermín de Vergara, O.S.A., nado en Leirado (Valongo, Cortegada) o 31 de xullo de 1675 e finado en Santafé de Bogotá o 7 de febreiro de 1744,Lazcano, o.c., vol. II, pp. 2084-2089. foi un relixioso agostiño galego, bispo de Popayán (1732-1740) e arcebispo de Santafé de Bogotá (1740-1744).

Traxectoria Fillo do capitán e gobernador de Milmanda Fermín de Vergara, e de Manuela de Rivera. Foi irmán de José Fermín de Vergara Araujo, pai de Francisco Fermín de Vergara, cóengo de mestrescola da catedral de Ourense e testamenteiro de Diego Fermín.

Ingresou na orde de Santo Agostiño e foi ordenado sacerdote cara a 1700. Ocupou os cargos de definidor pola provincia de Castela, rexente de estudos do colexio da orde en Santiago de Compostela, prior do convento agostiño de Salamanca, o convento de Santo Agostiño de Santiago de Compostela e o convento de San Filipe o Real de Madrid; examinador sinodal do arcebispado de Toledo e teólogo da nunciatura apostólica en España.

O 19 de decembro de 1732 foi nomeado bispo de Popayán, presentado en Sevilla o 13 de marzo de 1733 e preconizado polo papa Clemente XII. Chegou a Cartaxena de Indias en 1735, e ordenouno bispo Gregorio de Molleda y Clerque, tomando posteriormente posesión da diocese. Afrontou a situación provocada polo terremoto do 2 de febreiro de 1736, en que case todos os templos da cidade colapsaron agás a ermida de Xesús Nazareno, que quedou semidestruída. Fundou o hospital de El Humilladero, que deixou baixo dirección dos Camilianos; o convento de San Camilo e a capela da Boa Morte, xunto ao presbítero José Beltrán de Caicedo, para albergar dita congregación. Restaurou a igrexa de San Domingos, Santo Agostiño, San Francisco, O Carme e A Encarnación, co apoio de Dionisia Pérez Manrique Camberos (II marquesa de San Miguel de la Vega), o banqueiro Pedro Agustín de Valencia, o aristócrata Jacinto de Mosquera Figueroa e Francisco Arboleda Vergara. Designou a ermida de Xesús Nazareno como catedral pro tempore da diocese. Apoiou as agostiñas da Encarnación de Popayán, dependentes da provincia de San Miguel de Quito, e atendeu a solicitude de frei Javier de Vera, prior do convento de Nuestra Señora de la Gracia de Cali, pola que pedía a fundación dunha casa de oración para o recollemento das persoas devotas, o que autorizou nunha carta do 22 de abril de 1739.

O 12 de decembro de 1740 foi promovido como arcebispo de Santa Fe de Bogotá. Percorreu o territorio da arquidiocese, e nunha visita pastoral o 12 de marzo de 1742 Fernando Antonio de Camacho Rojas, comisario subdelegado da Santa Cruzada solicitoulle que suprimise as viceparroquias que eran só capelas particulares, mais non se levou a cabo esta petición. Foi soterrado na igrexa de San Agustín de Bogotá. No seu testamento, asinado en Bogotá en 1743, instituíu a fundación en Valongo dunha capela baixo a advocación da Nosa Señora das Dores, da que nomeou por patrón a seu sobriño e testamenteiro Francisco Fermín de Vergara. Na fachada da igrexa de San Martiño de Valongo, baixo a imaxe do patrón Martiño de Tours, figura a seguinte inscrición:

No mesmo templo instalouse en 1992 unha placa, e outra na súa casa da Congostra co texto:

No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense consérvase dende 1974 unha copia do retrato arcebispal..

Notas

Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Nados en 1675 Categoría:Nados en 1744 Categoría:Bispos de Galicia