Unha senda ciclable, senda ciclopeonil, senda bici ou senda verde é unha vía destinada á mobilidade non motorizada, concibida para o tránsito de peóns, ciclistas e, nalgúns casos, xinetes. Caracterízase por estar fisicamente separada do tráfico motorizado. Habitualmente discorren por contornas naturais ou zonas urbanas con abundante vexetación. Con frecuencia están construídas con superficies permeables ou pavimentos integrados na paisaxe, aínda que tamén poden estar asfaltadas.
Estas infraestruturas cumpren funcións tanto de mobilidade como recreativas, deportivas e ambientais. Ademais de facilitar desprazamentos seguros e sostibles, fomentan o contacto co medio natural e contribúen á posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico dos territorios que atravesan.
Unha vía verde é un tipo específico de senda ciclopeonil que se habilita aproveitando antigas vías férreas en desuso. O seu trazado adoita presentar pendentes suaves e percorridos continuos, o que as fai especialmente accesibles e axeitadas para un amplo abano de persoas usuarias.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Vía ciclista Ciclabilidade
Categoría:Infraestrutura ciclista Categoría:Estradas