Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

Traxectoria Malia estar relacionado coa música urbana afeccionada autoproducida durante varios anos, Martín Louro comezou a súa traxectoria musical de xeito profesional en 2024, coa publicación do seu primeiro álbum Nove noves. Após de estudar un ciclo superior de Electrónica e electricidade, apostou pola música a nivel profesional. Criado nunha familia de artistas, Louro é o irmán menor de Xanma Louro, músico da banda The Rapants. Perante os bos precedentes na industria musical, Martín Louro, da man do seu produtor Yuly, comezou a traballar no seu primeiro álbum.

En 2026 9Louro comezou a ter notoriedade na música urbana en galego, após encher a finais de 2025 a igrexa da Universidade de Santiago nun concerto de balde que deixou fóra ducias de persoas. Actuou no festival Emigrason de Bruxelas, un festival dedicado á música en galego celebrado na sala Tricoterie da capital belga. Semanas despois esgotou as entradas para o seu concerto na sala Capitol de Santiago de Compostela en apenas trinta minutos. O 19 de febreiro de 2026 publicou o seu segundo álbum Amorrer. No disco, de catorce cancións, 9Louro estivo traballando durante máis dun ano. Catro das cancións do álbum xa foran publicadas entre agosto do ano anterior e xaneiro. A temática do disco bascula arredor de temáticas universais coma o amor, o desamor, o sexo ou os romances esporádicos. En Vieta, 9Loura relata un amor de verán, en referencia á praia muradá de Vieta. En temas coma Volver a naser, 9Louro explora a autoconsciencia e o amor propio.

En Amorrer, producido por Julián Otero (Yuly), colaboran artistas coma Dirty Suc, Xanma Louro -o seu irmán- e Samuel González, membros da banda The Rapants; Ortiga, West Srk, Chris Indian ou Lil Chachi.

Discografía Álbums de estudo Nove noves (2024) Amorrer (2026) EPs Amor e outras drogas (2025)

Notas

Véxase tamén Outros artigos The Rapants Xanma Louro Ligazóns externas Entrevista a 9Louro na TVG.

Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 2004 Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Cantantes de Galicia