Michael Jeffrey Jordan, nado o 17 de febreiro de 1963 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador de baloncesto estadounidense, home de negocios, e propietario maioritario dos Charlotte Hornets. A súa biografía na páxina web oficial da National Basketball Association (NBA) di: "Por aclamación, Michael Jordan é o mellor xogador de baloncesto de tódolos tempos."

Despois dunha sobresaliente carreira na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, onde dirixiu aos Tar Heels a un Campionato Nacional en 1982, Jordan uniuse aos Chicago Bulls da NBA en 1984. Rapidamente destacou como unha das estrelas da liga, debido ás súas grandes actuacións e espectacular xogo, destacando sobre todo a súa capacidade de salto, que lle permitía poder facer mates dende a liña de tiros libres. Por mor disto recibiu os alcumes de "Air Jordan" e de "His Airness". Ademais tamén adquiriu a reputación de ser un dos mellores xogadores defensivos no baloncesto.Air Jordan And Just Plain Folks En 1991, gañou o seu primeiro campionato cos Bulls, seguido doutros dous títulos consecutivos en 1992 e 1993. Aínda que Jordan se retirou abruptamente do baloncesto ao inicio da tempada 1993-94 para seguir a súa carreira no béisbol, regresou aos Bulls en 1995, gañando outros tres campionatos consecutivos, 1996, 1997 e 1998. Jordan retirouse por segunda vez en 1999, mais regresou para dúas tempadas máis en 2001, esta vez como membro dos Washington Wizards.

Os recoñecementos individuais de Jordan inclúen cinco premios MVP, dez títulos de máximo anotador, seis MVP das Finais, catorce aparicións no All-Star Game, nomeado no mellor quinteto da NBA en dez ocasións, no defensivo nove veces, líder en roubos de balón durante tres anos, rookie do ano e premio ao mellor defensor da tempada. Ademais, dende 1983, apareceu na portada da prestixiosa revista deportiva Sports Illustrated en cincuenta ocasións, toda unha marca, ademais de ser nomeado "Deportista do Ano" en 1991. Tamén foi nomeado "mellor atleta do século XX" por ESPN. Foi elixido para o Basketball Hall of Fame o 6 de abril de 2009 e admitido o 11 de setembro de 2009. Ademais o seu dorsal está retirado polos Chicago Bulls e Miami Heat. Fóra do mundo puramente deportivo, Jordan é tamén coñecido polos seus patrocinios publicitarios, destacando ás súas zapatillas de deporte "Air Jordan" de Nike, introducidas en 1985 e aínda moi populares hoxe en día.23 years later, Air Jordans maintain mystique

Comezos Jordan, fillo de James e Deloris Jordan, naceu en Brooklyn, Nova York en 1963. A súa familia mudouse a Wilmington, Carolina do Norte, cando el era novo e cos seus catro irmáns foi á Ogden Elementary School, para entrar máis tarde no Trask Junior High School. Posteriormente asistiu ao Instituto Emsley A. Laney, onde, debido ás súas impresionantes condicións atléticas, xogou ao baloncesto, béisbol e fútbol americano. Con todo, foi cortado do equipo de baloncesto no seu segundo ano debido a que para a súa altura (1,80 metros) estaba supostamente subdesenvolvido. Ao verán seguinte, Jordan creceu 10 centímetros e adestrouse rigorosamente. Así pois, no seu ano "senior" en Laney High, fixo unha media de triplo-dobre, con 29,2 puntos, 11,6 rebotes e 10,1 asistencias por encontro, sendo seleccionado no "McDonald's All-American Team".A McDonald's Game For Girls, Too

Universidade miniatura|esquerda|180px|A camiseta de Jordan colgada das vigas do Smith Center Area. Jordan recibiu unha bolsa para xogar ao baloncesto na Universidade de Carolina do Norte, onde se especializou en xeografía. No seu primeiro ano foi adestrado polo mítico Dean Smith, sendo nomeado mellor xogador de primeiro ano da tempada (ACC Freshman of the Year), facendo 13,4 puntos por partido cun 53,4% en tiros de campo. Por entón, Jordan era un xogador practicamente dominante na pista aínda que aínda así, os Tar Heels non estaban liderados por el, senón por James Worthy, futura estrela de Los Angeles Lakers e integrante do Salón da Fama. Na final da NCAA de 1982 ante Georgetown Hoyas, Jordan deu a vitoria aos Tar Heels cunha canastra de dous puntos en suspensión a escasos segundos do final para levar o campionato, o primeiro éxito na súa impecable carreira profesional. No equipo rival atopábase o pivote Patrick Ewing, futuro xogador de New York Knicks que asistiría, aínda que en distinto bando, noites máxicas no Madison Square Garden.

Tras gañar o premio ao mellor xogador universitario do ano (Naismith College Player of the Year) e o Premio John R. Wooden en 1984, abandonou a universidade para presentarse ao Draft dese mesmo ano. Houston Rockets, e sobre todo Portland Trail Blazers, que elixiron a Hakeem Olajuwon e Sam Bowie respectivamente, deixaron pasar a oportunidade de incorporar nas súas filas a un dos mellores deportistas da historia, ao levar Chicago Bulls o gato á auga. Jordan regresaría en 1986 á universidade para graduarse definitivamente.

Carreira profesional Primeiros anos miniatura|O equipamento de Jordan co seu número 23. Jordan foi un éxito e unha sensación inmediata na NBA sendo tan só un novato, ano no que fixo 28,2 puntos por partido cunha porcentaxe en tiros de campo do 51,5%. Rapidamente converteuse nun dos xogadores favoritos do público dado o seu xogo espectacular e ofensivo na pista.Jordan Makes People Wonder: Is He the New Dr. J?Jordan dazzles crowd at Garden Jordan disputou o All-Star Game dende o quinteto inicial no seu primeiro ano na NBA grazas aos votos do público. Esa tempada tamén levaría o Rookie do Ano, batendo ademais a marca de máis puntos nun partido por un rookie na historia da franquía, con 49 ante os Detroit Pistons de Isiah Thomas. Os Bulls finalizaron a tempada cunha marca de 38-44, perdendo en primeira rolda dos playoffs ante Milwaukee Bucks en catro partidos.

Na súa segunda tempada, Jordan debeu ausentarse debido a unha lesión no pé. Con todo, a pesar da baixa de Jordan, os Bulls terminaron a campaña cun 30-52, e foron eliminados por Boston Celtics en primeira rolda por 3-0. Jordan recuperouse a tempo para xogar a postemporada e fíxoo realmente ben, a pesar de non poder evitar a eliminación do seu equipo ante a máquina imparable que eran os Celtics de Larry Bird. Aínda así, o segundo partido entrou na historia da NBA debido á soberana actuación individual de Michael Jordan, que se converteu no xogador que máis puntos anotou nun partido de playoffs, con 63. Tras o partido, que se decidiu na prórroga, as palabras de Larry Bird non podían resumir mellor o incrible partido realizado por Jordan:

Á tempada seguinte, xa recuperado totalmente da súa lesión, conseguiu unha das medias anotadoras máis altas da historia da NBA, con 37,1 por partido, sendo o único xogador á parte de Wilt Chamberlain en anotar máis de 3000 puntos nunha soa tempada. A pesar dos seus grandes números, Magic Johnson arrebatoulle o MVP de forma clara por 733 puntos fronte aos 449 de Jordan. Os Bulls gañaron 40 partidos e coáronse en playoffs por terceiro ano consecutivo. Con todo, de novo foron varridos polos Celtics.

Freado polos Bad Boys Tivo outra excelente tempada na 1987-88 facendo 35 puntos por partido cun 53,5% en tiro, gañando por fin o seu primeiro MVP da tempada. Ademais diso, tamén recibiu o premio ao Mellor Defensor, unha rareza para un xogador de perímetro, cunha media de 1,6 tapóns e 3,16 roubos de balón. Os Bulls finalizaron 50-32 e Jordan superou por primeira vez na súa carreira a primeira rolda dos playoffs ao eliminar a Cleveland Cavaliers en cinco partidos.Chicago Bulls 1987-88 Game Log and Scores Con todo, serían eliminados nas semifinais de conferencia ante os experimentados Detroit Pistons liderados por Isiah Thomas e o seu grupo de Bad Boys.

Na tempada 1988-89, Jordan fixo 32,5 puntos por partido (53,8% en tiros de campo) e os Bulls alcanzaron as 47 vitorias. En playoffs avanzaron até as finais da Conferencia Leste deixando a Cavaliers e Knicks no camiño. Na serie ante os Cavs, cabe destacar a mítica canastra na bucina de Jordan ante Craig Ehlo denominada "O Tiro" (The Shot), coa que se decidiu a eliminatoria. Con todo, unha vez máis os Pistons cruzaríanse no camiño dos Bulls, esta vez eliminándoos en seis partidos utilizando as "Jordan Rules", unha estratexia defensiva que consistía en dobres e mesmo triplos defensas ante o escolta cada vez que tocaba o balón. Esta táctica inventada por Chuck Daly sería re-utilizada polos Knicks dos 90.

Os Bulls da tempada 1989-90 eran un equipo en crecemento. Liderados por Jordan e por novos e mozos xogadores como Scottie Pippen e Horace Grant, convertéronse nun equipo máis perigoso e cohesivo baixo a dirección do adestrador Phil Jackson. Jordan faría 33,6 puntos por noite (52,6%) liderando aos Bulls a unha marca de 55-27. Deixando en ruta a Philadelphia 76ers, chegarían unha tempada máis ás finais de conferencia e por terceira vez consecutiva os Pistons apartaríanlle da gloria. Detroit gañou o seu segundo anel seguido e as dúbidas acerca de se os Bulls poderían batelos algunha vez estaban presentes en todo Estados Unidos. Chicago entrou na tempada 1990-91 preguntándose se podería formar finalmente un equipo capaz de gañar un campionato.

Primeiro three-peat miniatura|Michael Jordan e Dean Smith no partido homenaxe aos Tar Heels de 1957 e 1982. Xa na tempada 1990-91, Jordan estaba máis motivado que nunca despois da eliminación ante os Pistons. Ese ano gañou o seu segundo MVP cunha media de 31,5 puntos, 6,0 rebotes e 5,5 asistencias por partido. Os Bulls finalizaron en primeiro lugar por primeira vez en 16 anos e conseguiron a marca da franquía gañando 61 partidos. Con Scottie Pippen xogando coma se se tratase dun All-Star, os Bulls eleváronse a outro nivel. Nas dúas primeiras roldas de playoffs eliminaron a New York Knicks e Philadelphia 76ers, chegando á final de conferencia cos Pistons de novo agardando. Esta vez Jordan fixo mellores aos seus compañeiros e mesmo as Jordan Rules foron inútiles, e finalmente os Bulls sorprendentemente varreron aos de Míchigan.Chicago Bulls 1990-91 Game Log and ScoresBulls Brush Aside Pistons for Eastern Title Ao final do cuarto e último encontro, Thomas conduciu aos seus compañeiros ao túnel de vestiarios cando aínda non soara a bucina que ditaba o final do partido, renunciando así aos apertóns de mans que se fan ao final dos encontros.Isiah Thomas: Leader of the Bad Boys

Nas Finais da NBA atoparíanse a Los Angeles Lakers de Magic Johnson. Gañaron en cinco partidos e finalizaron os playoffs cun excelente 15-2.Chicago Bulls 1990-91 Game Log and Scores Cabe destacar unha xogada que aínda segue na memoria dos afeccionados á NBA, non é outro que o rectificado no aire de Jordan cambiándose o balón de man para anotar unha mítica canastra ante unha zona poboada de xogadores dos Lakers.Great Shot! Jordan's Best Amazingly Goes One Better Michael Jordan gañou o seu primeiro MVP das FinaisFinals Most Valuable Player e chorou sostendo o trofeo de campión."Michael Jordan transcends hoops"