Pierre Babut, nado en París o 1 de setembro de 1854 e finado na mesma cidade o 28 de decembro de 1926, foi un militar e numismático francés.
Traxectoria Auguste Gaston Pierre Babut naceu en París o 1 de setembro de 1854, fillo de Marie Rosan e de Pierre Gaston Adolphe Babut,"Auguste Babut de Rosan". Geneanet.org alto funcionario do Ministerio de Finanzas."Le Commandant Pierre Babut (1854-1926)". Société française de numismatique (sfnumismatique.org).
Carreira militar A súa familia tiña varias xeracións de tradición militar, e inicialmente Babut orientouse tamén cara a esta dedicación. En 1874, pouco antes de facer os 20 anos, alistouse como voluntario en Tolón, e nos anos seguintes foi ascendendo a subtenente en 1880, a tenente en 1885 e a capitán en 1892, e en 1893 volveu a París como capitán adxunto maior. Aínda que en 1907 solicitou a xubilación das Forzas Armadsas para se dedicar aos seus intereses civís, durante a primeira guerra mundial volveu ao servizo activo e entre 1914 e 1918 foi xefe de estación militar en varios lugares.
Dedicación á numismática Babut iniciouse como coleccionista de moedas na súa xuventude, e chegou a compor unha colección de arredor de 1.200 pezas, sinaladamente correspondentes á monarquía francesa, que foi unha das máis completas do seu tempo. Mais o seu interese pola numismática transcendeu o coleccionismo e Babut introduciuse no ambiente dos eruditos relacionados coa Sociedade Francesa de Numismática, sinaladamente Paul Bordeaux. Foi membro desta entidade e chegou a exercer a súa presidencia en dous períodos, de 1904 a 1907 e de 1912 a 1914.Demole, E. (1925). Páxina 300."Les présidents de la SFN". Société_française_de_numismatique (Sfnumismatique.org).
Tamén foi membro da Sociedade Suíza de Numismática desde 1905, e esta entidade nomeouno membro honorario en 1924.
Como estudoso na numismática, a Babut débenselle arredor de 20 artigos sobre este tema, publicados fundamentalmente en tres revistas especializadas da súa época: Revue numismatique, Revue belge de numismatique e Schweizerische Numismatische Gesellschaft.
O 29 de decembro de 1898 foi condecorado como cabaleiro da Lexión de Honra.
Pierre Babut estivo casado con Marie Pascale Lautier (1863-1943).
Morte e legado Logo dun período de doenza, Babut finou en París o 28 de decembro de 1926,Demole, E. (1925). Páxina 301. e foi soterrado no cemiterio do Père-Lachaise."Cimetière du Père Lachaise". Appl-lachaise.net
Logo do seu pasamento e segundo o seu desexo, a súa colección numismática foi vendida nunha poxa celebrada en París en 1927, dirixida por M. Carpentier e Étienne Bourgey.Carpentier, M.; Bourgey, E. (1927). Collection Babut. 1re partie: Monnaies françaises gauloises, mérovingiennes, carolingiennes, capétiennes; monnaies de la révolution et de l'empire. París.Carpentier, M.; Bourgey, E. (1927). Collection Babut. 2e partie: Monnaies féodales, papales, suisses, américaines et diverses; médailles et jetons... París. Pola súa banda, legou a súa importante biblioteca numismática á Monnaie de París, e a súa viúva doou en 1933 15.000 francos para que a Sociedade Francesa de Numismática puidese crear o premio Jeton de Vermeil.
O premio Babut A sociedade Francesa de Numismática concede tamén anualmente, a partir de 1936, este premio na honra do numismático francés, para recoñecer un membro da propia Sociedade que publicara un traballo sobre numismática francesa, desde a antigüidade ao mundo contemporáneo, durante os dous anos anteriores á súa concesión. A súa concepción remóntase a tres anos antes, en 1933, cando a viúva de Pierre Babut decidiu honrar a memoria deste a través da súa fundación, á que doou unha importante cantidade de diñeiro para o sufragar."Prix Babut". Société française de numismatique (sfnumismatique.org).
Tras varios anos de interrupción, a Sociedade Francesa de Numismática retomou este premio en 2016."Prix Babut 2016 – M. Stéphane Martin". Société française de numismatique.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demole, E. (1925). "A. Babut". En Schweizerische Numismatische Gesellschaft. Vol. 24. Nº 3. Páxinas 300-301.
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Militares de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes