Joel Hastings Metcalf, nado o 4 de xaneiro de 1866 en Meadville, Pensilvania, e finado o 23 de febreiro de 1925 en Portland, Maine, foi un astrónomo estadounidense.
Metcalf graduóse na Harvard Divinity School en 1892. Exerceu como pastor unitario en Burlington (Vermont) e posteriormente en Taunton (Massachusetts), Winchester (Massachusetts) e Portland (Maine).
Descubriu o co-descubriu algúns cometas, incluíndo 23P/Brorsen-Metcalf e 97P/Metcalf-Brewington. Tamén descubriu numerosos asteroides.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Joel H. Metcalf
Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1925 Categoría:Nados en 1866