Manuel Vázquez Gómez, nado nas Angustias (San Pedro das Viñas, Betanzos) o 11 de marzo de 1917 e finado en Osedo (Sada) o 22 de setembro de 1936, foi un xornaleiro e político galego.

Traxectoria Fillo de José Vázquez Fernández, labrego natural de Aranga, e Antonia Gómez Gándara, de Betanzos. Xornaleiro militante da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de setembro. Foi paseado ese mesmo día polos fascistas en Osedo (Sada). No Rexistro Civil de Sada aparece a inscrición dun descoñecido de 25 ou 26 anos falecido o 30 de setembro na estrada de Castelo de Taibo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía 1936-1939 As vítimas betanceiras da represión Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1936