Lacuna Coil é un grupo de metal gótico, metal alternativo, e nu metalhttp://www.allmusic.com/album/karmacode-mw0000703236. formado en Milán, Italia en 1994. Antigamente foron coñecidos como Sleep of Right e Ethereal.

Historia miniatura|dereita|250px|A banda nun concerto, na cidade de Imola A música de Lacuna Coil está inspirada na cultura gótica e Nu Metal, usando acordes de guitarra melódicos, alternando voces pesadas e un pouco de influencia pop. Sengundo as súas propias declaracións, a banda está influenciada por grupos coma Paradise Lost, Tiamat, Septic Flesh e Type O Negative.

A banda formouse en 1994 co nome de Sleep of Right. Logo, en 1995, cambiáronse o nome a Ethereal, e asinaron un contrato coa casa discográfica Century Media en 1997. Atopando que o nome Ethereal xa era doutra banda, decidiron renomearse como Lacuna Coil (que significa «espiral baleiro» en italiano).

Nese entón, o grupo estaba composto por Cristina Scabbia, Andrea Ferro e Marco Coti Zelati. A banda gravou un EP, homónimo á banda, e emprenderon un xira apoiando aos compañeiros de discográfica Moonspell. Nesta xira uníronse á banda Cristián Migliore e Cristián Mozzati, guitarrista e batería respectivamente.

Logo gravaron o seu primeiro LP, In A Reverie, e uniuse á banda o guitarrista Marco Biazzi. A banda realizou outra vira por Europa, acompañando á banda Skyclad.

En 2002, o grupo lanzou o albúm Comalies, que foi aclamado pola crítica do heavy metal en todos os recunchos do mundo. Un ano despois, o primeiro sinxelo deste albúm, Heaven's A Lie, comezou a atraer a atención e lanzou á banda ao estrellato. O segundo sinxelo, Swamped, tamén se converteu nun grande éxito e foi usado na banda sonora do videoxogo Vampire:The Masquerade - Bloodlines e tamén na película Resident Evil: Apocalypse. Graváronse vídeos para ambos sinxelos e foron transmitidos continuamente pola MTV, estendendo a popularidade da banda.

No 2004, Comalies converteuse no álbum máis vendido na historia da discográfica. A banda apareceu no Ozzfest e realizou varias xiras por Europa e os Estados Unidos.

A principios de 2006, o grupo lanzou o seu álbum Karmacode, a secuela do grande éxito mundial que representou Comalies.

Membros Actuais Cristina Scabbia - Vocalista Andrea Ferro - Vocalista Cristiano Migliore - Guitarra Marco Biazzi - Guitarra Marco Coti Zelati - Baixo Cristiano Mozzati - Batería

Anteriores Raffaele Zagaria - Guitarra Claudio Leo - Guitarra Leonardo Forti - Batería

Discografía Álbums Ethereal (Demo) - 1996 Lacuna Coil EP - 1997 (Century Media) In a Reverie - 1999 (Century Media) Halflife EP - 2000 (Century Media) Unleashed Memories - 2001 (Century Media) Comalies - 2002 (Century Media) Karmacode - 2006 (Century Media) Shallow Life - 2009 (Century Media/EMI) Dark Adrenaline - 2012 (Century Media) Broken Crown Halo - 2014 (Century Media) Delirium - 2016 (Century Media) Black Anima - 2019 (Century Media) Sleepless Empire - 2025 (Century Media)

Sinxelos "Heavens A Lie" (2002) "Swamped" (2004) "Our Truth"(2006) "Enjoy the Silence"(2006) (versión da canción homónima de Depeche Mode) "Closer" (2006) "Within Me" (2007) Spellbound (2009) I Like It (2009) I Won´t Tell You (2009) Wide Awake (2010)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Lacuna Coil - Web Oficial

Categoría:Grupos musicais de metal gótico Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais de Italia Categoría:Grupos musicais formados en 1994