José Joaquín Matos García, nado en Ubera (Sevilla) o 6 de maio de 1995, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Ceuta, da Segunda División.

Traxectoria Formado na canteira do Sevilla, con 17 anos debutou co filial na Segunda División B, nunha derrota por 2-0 contra o La Roda CF. Tras subir definitivamente ao filial e asentarse na titularidade, o 1 de maio de 2016, debutou co primeiro equipo na Primeira División, nunha vitoria por 1-0 contra o Espanyol.

En 2018 fichou polo Cádiz CF, no que militou ata 2021, pasando polo medio por dúas cesións ao Twente da Eredivisie e ao Málaga. A continuación xogou no Burgos, de novo no Cádiz e no Ceuta.

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Twente Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético