Xulio Bueno Cortés nado na Graña (Ferrol) en 1903 e finado en Vigo en 1988, foi un esperantista que tivo un papel importante no movemento local. Durante moitos anos foi presidente do club vigués de esperanto Paco kaj Amo (paz e amor).

miniatura|288x288px|Inauguración da rúa do esperanto en Vigo, o 13 de decembro de 1987. Á esquerda, con gorra, está Xulio Bueno Cortés. Vida Naceu na aldea da Graña, preto da cidade de Ferrol. Foi militante libertario, paqueteiro do diario CNT de Madrid, electricista e mecánico de oficio. Tras o estalido da guerra civil española uniuse á guerrilla co alcume de Porrolo, contra o novo réxime franquista. Foi capturado e ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de marzo de 1935, e xulgado por rebelión. Malia a súa sentenza de morte, salvouse. miniatura|150x150px|Rúa do Esperanto, en Vigo.

Despois, aínda durante a guerra, trasladouse a Vigo. Anos máis tarde, en 1960, tras o Congreso Español de Esperanto na cidade de Pontevedra, creouse o grupo de esperanto de Vigo. Foi fundado formalmente co nome de Paco kaj Amo máis tarde, en 1973, tras outro congreso celebrado en Vigo en 1972, cuxa organización dirixiu; o vicepresidente de Paco kaj Amo foi Xulio Bueno. Na historia do movemento esperantista, foi recoñecido como "auténtica alma do grupo local".

Xulio Bueno continuou a ensinar a lingua internacional na sede de Paco kaj Amo. En 1986 coordinou a organización doutro Congreso Español de Esperanto en Vigo. O 13 de decembro de 1987, tras os seus longos esforzos, inaugurouse nesa cidade a rúa do Esperanto, coincidindo co centenario da lingua. O Concello adoptou esta decisión na sesión do 9 de decembro de 1986. Así, cumpríase un soño de longa data de Bueno. Faleceu seis meses despois, o 9 de xuño de 1988.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Movemento esperantista en Vigo

Ligazóns externas

Enciclopedia Galega Universal https://www.gazetoteko.com/hef/bol276.pdf XXXVI Hispana Kongreso de Esperanto. El Ferrol (1976)

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Esperantistas Categoría:Anarquistas