"A Song for a Son" é unha canción de 2009 da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi o primeiro tema lanzado de Teargarden by Kaleidyscope, Vol. 1: Songs for a Sailor, do oitavo álbum da banda, Teargarden by Kaleidyscope.
Gravación e composición A canción contén un solo de guitarra extenso, inspirado en Jimi Hendrix e Jimmy Page, gravado en directo por Billy Corgan. Escrita cunha guitarra acústica, Corgan deixou o significado da canción vago, pero máis tarde decatouse de que ten moito que ver coa súa relación co seu pai. Corgan situou conscientemente a canción en 1975, o ano en que comezou a escoitar moito música rock, tendo en conta as influencias de Hendrix, Led Zeppelin, UFO e Rainbow no son.
Notas
Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins