"The Fun Machine Took a Shit & Died" é unha canción da banda Queens of the Stone Age, pensada para o seu álbum de 2005 Lullabies to Paralyze. En 2005 unha versión de estudio preliminar da canción entregouse a aqueles que tiñan entradas para os concertos cancelados en Londres. En 2007 a canción foi regalada co lanzamento do álbum da banda de 2007 Era Vulgaris a aqueles que o reservaran.
Historia A canción estaba pensada orixinalmente para estar no cuarto álbum de estudio da banda, Lullabies to Paralyze. Críase que as cintas foran roubadas, pero en realidade simplemente estaban extraviadas. Nunha entrevista con Rolling Stone, o cantante Josh Homme dixo: "As cintas perdéronse. En realidade, estaban noutro estudio, pero acusamos falsamente a todo o mundo de roubo".
Unha versión de estudo aínda sen pulir da canción colocouse nunha serie de discos de vinilo de 7", que se repartiron entre as persoas que tiñan entradas para os concertos de Londres que foran cancelados.
A canción tamén foi interpretada pola banda no seu primeiro DVD en directo, Over the Years and Through the Woods.
Unha nova versión de estudo ampliada foi gravada para un sinxelo en CD que se incluía coas copias de Era Vulgaris reservadas por anticipado en Insound.com e Newbury Comics, e tamén aparece como pista extra nas edicións alemá, brasileira e xaponesa do álbum.
Notas
Categoría:Cancións de Queens of the Stone Age Categoría:Sinxelos de 2007