Jesús Fernández Alonso, nado en Anlleo (Navia) o 1 de marzo de 2000, é un futbolista asturiano que xoga na posición de defensa central ou centrocampista.

Traxectoria Lugo Tras iniciar a súa formación nas categorías inferiores do Sporting de Gijón, en 2018 pasou a formar parte do equipo xuvenil do Club Deportivo Lugo. O seu debut sénior co Polvorín Fútbol Club tivo lugar o 25 de agosto de 2019, cando foi titular nun partido contra o Arousa da Terceira División. O 5 de decembro de 2020 anotou o seu primeiro gol sénior nunha vitoria por 4-1 perante o Deportivo Fabril.

O 2 de xullo de 2021 renovou contrato co club galego por dous anos máis. A súa estrea profesional na Segunda División tivo lugar o 27 de agosto de 2022, cando foi titular nunha vitoria por 1-0 do Lugo contra o Club Deportivo Leganés.

Ponferradina En xullo de 2023 foi anunciado como novo xogador da Sociedad Deportiva Ponferradina da Primeira Federación. O 29 de xaneiro de 2024 alcanzouse un acordo co CE Sabadell para a cesión de Jesús Fernández até final da tempada 2023/24.

Sporting Atlético O 27 de setembro de 2024 fíxose oficial a fichaxe de Fernández polo Sporting Atlético da Terceira Federación.

Caudal Deportivo O 8 de novembro de 2025 asinou un novo contrato co Caudal Deportivo da Terceira Federación. O 13 de xaneiro de 2026 finalizou o seu vínculo co club asturiano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jesús Fernández en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Navia Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Caudal Deportivo