A inmigración nixeriana en España refírese ao asentamento de cidadáns da República Federal de Nixeria no Reino de España. En 2024, a comunidade nixeriana en España atopábase entre as 10 meirandes da diáspora nixeriana. Segundo datos de 2022 había 36.367 nixerianos en España. Esta cifra exclúe individuos apátridas e aqueles que adquiriron a nacionalidade española. O número total estímase en 70 000 persoas.

Inmigración subsahariana en España A inmigración proveniente da África subsahariana ou África negra foi tradicionalmente moi escasa en España, lugar que ademais era un país emisor de emigrantes máis que receptor dos mesmos.

No caso do continente africano, España apenas tivo presenza de persoas negras na Península agás excepcións moi anecdóticas como Juan Latino. Esta presenza non variou até a época colonial, cando o país mandou cidadáns ás súas escasas colonias durante finais do século XIX e gran parte do XX, tendo maior incidencia nas colonias do Magreb (Sáhara Español, cabo Juby, Sidi Ifni e o protectorado en Marrocos) que á súa pequena colonia en África Central (Guinea Española). Porén, apenas recibiu cidadáns das súas colonias tanto na época colonial como despois das independencias, recibindo poucos cidadáns ecuatoguineanos ou saharauís na segunda metade do século XX.

A situación mudou logo do remate do milagre económico español e a adhesión de España á Unión Europea que converteu a España nun país atractivo para a chegada de inmigrantes económicos, situación que aumentou en 1991 coa inclusión de España no espazo Schengen, que permitía aos nacionais e traballadores do país moverse libremente por outros estados membros da UE e convertía os países da fronteira sur da Unión como España, Italia ou Grecia en branco das ondas migratorias africanas cara ao continente europeo, recibindo grandes cantidades de inmigrantes tanto regulares como irregulares.

No presente século XXI, a poboación nixeriana en España chegou a aumentar de 3.500 cidadáns censados ao comezar o século até os 46.296 cidadáns censados a 1 de xaneiro de 2012, ano con maior número de censados da serie histórica. Durante a década de 2010, España converteuse nun punto de entrada para os solicitantes de asilo de África á Unión Europea (UE), especialmente debido á súa localización xeográfica para os que chegaban a Europa por mar.

Estatísticas Gráfica do censo oficial de poboación nixeriana residente en España (só inclúe cidadáns con pasaporte nixeriano con permiso de traballo en España. Non inclúe apátridas, nacionalizados nin outras circunstancias):

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relacións España-Nixeria

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora nixeriana Categoría:Historia de Nixeria