miniatura|Ficha da entrada no campo de Mauthausenminiatura|Carta da Cruz Vermella ao primo de Tiberio, Manuel, comunicándolle o seu pasamento Tiberio Fernández Lorenzo, nado en Corzos (A Veiga) o 22 de setembro de 1912, e finado no campo de concentración de Gusen o 11 de decembro de 1941, foi un exiliado galego deportado aos campos de concentración nazis.
Traxectoria Xulgado en Ourense por "Rebelión militar" o 25 de novembro de 1936, foi declarado en rebeldía. Toda a súa familia sufriu a represión franquista, mesmo o seu irmán Clemente, militante de Izquierda Republicana e concelleiro da Veiga, que foi fusilado pola Garda Civil o 26 de novembro de 1936.
Entrou en Mauthausen o 3 de marzo de 1941, procedente do Stalag X-B (:Sandbostel), co número 3771. Foi clasificado como labrego e estado civil solteiro. En abril de 1941 foi trasladado a Gusen.
No rexistro da morte do campo de Mauthausen figura como contacto familiar unha curmá, Hortensia Abelaira, que vivía en Le Vert Galant (Seine et Oise, Francia). Ao mesmo enderezo pero a nome de Manuel Abelaira remitiu o 4 de xullo de 1944 a Cruz Vermella a información da morte de Tiberio en Gusen. Porén, o aviso de deceso do 25 de xuño de 1952 non foi enviado ao descoñecerse o enderezo da familia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies.
Categoría:Nados na Veiga Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis