Filomena Dato Muruais, nada en Ourense o 26 de xullo de 1856 e finada en Moruxo, Bergondo, o 26 de febreiro de 1926, foi unha poetisa galega do Rexurdimento (na segunda metade do século XIX). Viviu en Galicia toda a súa vida, participando en numerosos movementos e iniciativas de reivindicación da cultura galega e de liberación da estigmatización da muller. Amais de numerosas composicións en prensa, publicou cinco libros: catro en castelán e un en galego. Precisamente Follatos (1891), xunto a Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880) de Rosalía de Castro, foron os únicos libros en galego publicados por mulleres no século XIX, os tres de poesía.

Traxectoria Filomena Dato foi a filla máis vella (de cinco irmáns) de José Dato Granados (militar) e Juana Muruais Pérez. Naceu en Ourense no 1856. Pouco se sabe da súa vida, e a meirande parte dos seus datos biográficos están relacionados co seu labor social e cultural. Colaborou con composicións poéticas en xornais como El Heraldo Gallego (Ourense), A Monteira (Lugo), La Patria Gallega (Compostela), Galicia Recreativa (Pontevedra), Álbum Literario (Ourense), La Ilustración Ibérica (Barcelona), Barcelona Cómica ou Galicia (A Habana). Igualmente, colaborou co movemento literario que daquela encabezaba Valentín Lamas Carvajal en Barbaña. En 1906 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega.

Filomena Dato foi unha fervente feminista. Canda Rosalía de Castro, é unha das máis senlleiras representantes da lírica feminista do século XIX, unha época na que a sociedade aínda estaba moi marcada polo machismo, non só entre a xente sen formación cultural, senón tamén entre a intelectualidade. Cuestións como se as mulleres tiñan alma, conciencia e remorsos, ou se eran as portadoras do pecado por herdanza de Eva eran comúns nos debates sociais e filosóficos da época. Eran tempos de adversidades para mulleres como a propia Filomena Dato, Rosalía de Castro ou Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero), feito que dota de maior valor á súa produción literaria.

Así, as súas reivindicacións contra estas ideas discriminatorias están patentes no poemario Follatos (publicado en Ourense no 1891), o seu único libro en lingua galega. Está dedicado á infanta Isabel de Borbón («La Chata»). Trátase dunha compilación de corenta e cinco poemas que tratan de temas variados: dende a denuncia contra os estereotipos de xénero ata escritos sobre relixiosidade e intimismo (moi na liña do Romanticismo típico do século XIX). Destaca o texto "Defensa das mulleres", que leva exactamente o mesmo título que o Discurso XVI do Teatro crítico universal (1726-1740) do Padre Feijoo. Con este texto dá comezo á obra e nel desmonta os tópicos sobre as mulleres máis frecuentes na súa época, facendo referencia a mulleres como Rosalía de Castro ou María Pita.

Foi desenvolvendo cegueira de forma progresiva, ata o seu falecemento aos 69 anos de idade, o 26 de febreiro de 1926.

Obra

Ademais de Follatos, a súa máis importante e influente obra na literatura galega, tamén tivo obras en castelán. Todos eles foron libros de poesía:

La letanía lauretana, en verso. Ourense, 1877. Imprenta de La Propaganda Gallega. 20 pp. Penumbras. Madrid, 1880. Establecimiento tipográfico de R. Labajos. 98 pp. Follatos, poesías gallegas. Ourense. 1891. Imprenta de Antonio Otero. 204 pp. Romances y cantares. Ourense, 1895. Imprenta de Antonio Otero. 125 pp. "A la tuna coimbricense". Santiago de Compostela, 1898. Imprenta El Eco. 2 pp.Folleto de dúas follas publicado con ocasión dunha visita da tuna de Coímbra. Fe. Poesías religiosas. A Coruña, 1911. Tipografía El Noroeste. 208 pp. Conserváronse tamén poemas soltos non publicados dentro de ningunha obra en concreto (como "Xa non son", máis abaixo). Isto débese en parte a que se sabe que estaba a escribir un poemario a modo de 'segundo Follatos', pero tras a crítica recibida polo seu último libro, decidiu non publicar nada máis (se ben si seguiu escribindo).

Biblioteca virtual

Análise da obra miniatura|220px|Dato retratada por M. Compañy. "Defensa d'as mulleres", o texto co que abre o seu poemario Follatos, é unha das súas máis coñecidas producións literarias. Ten un marcado carácter de defensa da figura da muller e a súa valía para participar na sociedade en igualdade de condicións cos homes. Así, hai fragmentos nos que recorre unha gran cantidade de figuras históricas, como o seguinte:

Ademais, hai outros fragmentos nos que Filomena, na vez de remitirse a figuras pasadas, opta por unha crítica moito máis directa da sociedade do seu momento: 175px 175px Os irmáns Jesús e Andrés Muruais, curmáns de Filomena.

En Follatos, amosa tamén unha poesía máis na liña do romanticismo e o intimismo típico da época, como se pode ver en "Neve". Contrasta a neve do campo, do inverno, que sempre acaba derretendo o sol, coa neve da dúbida, da alma, a dor existencial: miniatura|300px|Dato, sentada, xunto con outras mulleres, reunidas con motivo dunha das visitas da Infanta Isabel (A Chata) a Galicia.

miniatura|Retrato de Filomena Dato, por Xesús Corredoyra, datado en Madrid en MCMX. Son famosos estes catro versos que Filomena lle pronunciou a modo de despedida a Alejandro Pérez Lugín nunha entrevista que este lle fixo na Coruña no 1912. Ante a pregunta de por que non se ía a Madrid, que alí viviría mellor, respondeu:

Lugín utilizou precisamente este cantar para rematar a súa famosa novela A casa da Troia, publicada tres anos máis tarde. Nesa entrevista tamén fala sobre como o rexeitamento co que se recibiu o seu último libro (Fe, 1911) desanimouna de continuar publicando, aínda que é ben sabido que nunca parou de escribir. O seguinte poema é un dos derradeiros de Filomena, recollido polo xornal La Voz de Galicia coa noticia do seu enterro e xunta outra composición en castelán. Nel expresa a fatiga e dor que sente, aparecendo a morte como aquilo que lle porá fin:

miniatura|Placa na casa onde viviu en Ourense.

Recoñecementos

Filomena Dato foi galardoada en varios certames literarios. Grazas a Follatos, obtivo tres premios: un nun certame en Ourense no 1887 como mellor composición baseada na defensa das mulleres feita polo Padre Feijoo, outro en Pontevedra no 1888 e, nese mesmo ano e traducida ó castelán, unha rosa de ouro en Sevilla. Ademais, foi unha dos cinco poetas premiados nos Xogos florais de Tui de 1891, onde gañou o "clavillo" pola súa composición "O gaiteiro de Xixón".

En 1906, ano de fundación da Real Academia Galega, grazas en boa parte ó seu traballo de reivindicación da figura da muller na literatura, foi nomeada académica correspondente desta xunto con outras mulleres como Carmen Beceiro, Emilia Calé e Sofía Casanova.

En 2019 bautizouse co seu nome un edificio no Campus das Lagoas-Marcosende, da Universidade de Vigo. Ese mesmo ano convocouse o I Premio de Oratoria Filomena Dato, en homenaxe á súa traxectoria literaria.

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Costumismo A Cova Céltica Eduardo Dato Iradier (curmán) Ligazóns externas Filomena Dato na Biblioteca Virtual Galega. "Dato Muruais, Filomena" Historia da Literatura Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Persoas cegas Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Artigos destacados sobre Galicia