A ponte do Pasatempo ou ponte de Ruzos é unha ponte medieval sobre o río Valiñadares, que se atopa no barrio dos Muíños, na parroquia do Carme (Mondoñedo).
Características Construída con cachotaría de lousa e rematada con perpiaños de granito, consta dun único arco de medio punto. O estado actual correspóndese cunha restauración realizada a finais do século XVIII. Pola ponte atravesaba o camiño real, e segue a discorrer o Camiño do Norte.
Lenda A ponte está relacionada coa execución do mariscal Pardo de Cela. Segundo relata a lenda, a súa dona Isabel de Castro traía consigo o indulto real para o seu esposo, mais ao chegar á ponte foi retida por uns cóengos disfrazados, namentres Pardo de Cela era executado na praza da Catedral de Mondoñedo.
Notas
Véxase temén Outros artigos Pardo de Cela
Categoría:Mondoñedo Pasatempo Categoría:Camiño do Norte