A inmigración mexicana en España fai referencia ao movemento migratorio dende México cara ao Reino de España. Os mexicanos en España conforman a terceira comunidade máis numerosa de mexicanos no exterior e a primeira de Europa. En xaneiro de 2018, o Instituto Nacional de Estatística de España tiña rexistrados a 24,225 mexicanos dentro do seu territorio, dos cales unha parte están en réxime comunitario (posúen outras nacionalidades da Unión Europea ou son familiares de cidadáns europeos). A este número hai que engadir os que contan con dobre nacionalidade, que non son rexistrados como estranxeiros españois. As lexislacións mexicana e española permiten a dobre nacionalidade, e son moitos os mexicanos que a solicitaron, tanto residentes en España como netos ou fillos da migración española a México. Porén, son unha comunidade latinoamericana cun crecemento de inmigrantes bastante moderado a diferenza doutras comunidades latinoamericanas que foi exponencial o seu crecemento demográfico.Población mexicana en Europa

Os principais destinos da comunidade mexicana, segundo datos do INE, son as comunidades autónomas de Cataluña con 7,002, a Comunidade de Madrid con 6,653, Andalucía con 2,339 e a Comunidade Valenciana con 1,850. Dos migrantes mexicanos residentes en España, o 61% son mulleres, procedentes principalmente da Cidade de México, Estado de México, Xalisco, Nuevo León, Veracruz, Baixa California, Hidalgo, Puebla, Querétaro, Sinaloa, o Iucatán, Chihuahua e Chiapas. O perfil máis característico do inmigrante mexicano é de adultos de idade media, provenientes de clase media-alta, concentrados en Madrid, Barcelona e Sevilla. Moitos son os casos de estudantes de posgrao que constrúen relacións laborais e/ou sentimentais que os levan a quedar en España.La migración mexicana en España

Estatísticas Ano do censo Residentes mexicanoshttps://www.ine.es/jaxi/Tabla.htm?path=/t20/e245/p08/l0/&file=03005.px&L=0 2000 5 510 2005 22 922 2010 25 449 2015 21 657 2018 24 225 2020 28 822 2021 27 818 2022 29 290 2025 79 581

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relacións España-México

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora mexicana Categoría:Historia de México