Ignacio "Nacho" Pastor Alemañ , nado en Elx o 3 de abril de 2000, é un futbolista valenciano que ocupa a posición de defensa central. Na tempada 2025/26 xoga no Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.
Traxectoria Elche Tras iniciar a súa formación no SCD Intangco, en 2011 ingresou nas categorías inferiores do Elche Club de Fútbol. En xullo de 2019 foi promovido ao Elche Ilicitano. Con este equipo realizou o seu debut sénior o 25 de agosto de 2019, sendo titular nun empate 1-1 contra o Atzeneta UE da Terceira División.
O debut de Pastor co primeiro equipo do Elche ocorreu o 11 de xaneiro de 2020, cando xogou os 90 minutos nunha vitoria por 2-1 perante o Yeclano Deportivo na edición 2019/20 da Copa do Rei. Once días despois alcanzou o seu debut profesional ao ser novamente titular na seguinte fase do torneo contra o Athletic Club. O encontro finalizou en 1-1 tras o tempo regular e o Elche foi eliminado na rolda de penaltis.
Pastor foi cedido en dúas ocasións durante a súa estadía no Elche. O 5 de outubro de 2020 asinou un contrato temporal co Lorca Deportiva da Segunda División B. O 8 de xaneiro de 2021 comezou outra cesión coa Sociedad Deportiva Tarazona.
Huesca e Tarazona O 13 de agosto de 2021 fichou pola Sociedad Deportiva Huesca e foi asignado ao equipo filial na Segunda División RFEF. No verán de 2022 anunciouse o seu regreso ao Tarazona.
Manresa e Numancia En agosto de 2023 pasou a formar parte do CE Manresa. O 25 de xaneiro de 2024 foi presentado como novo xogador do Club Deportivo Numancia.
Orihuela e Bergantiños En xuño de 2024 fíxose oficial a súa fichaxe polo Orihuela Club de Fútbol. No verán de 2025 asinou un novo contrato co Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Nacho Pastor en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Elx Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da SD Tarazona Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Orihuela CF Categoría:Xogadores do Bergantiños FC