A inmigración armenia en España (en ; Hayern Ispaniayum) fai referencia ao movemento migratorio dende Armenia cara ao Reino de España. O seu número calcúlase arredor das 40.000 persoas, principalmente en Valencia, Barcelona e Madrid. España foi o cuarto destino máis popular da emigración armenia en 2011.
Antes de 2009, non había igrexas armenias en España, até que se abriu unha nunha pequena cidade preto de Barcelona en agosto dese ano. A maioría dos armenios en España pertencen á Igrexa apostólica armenia. O número de escolas dominicais armenias en España está a aumentar.
A maioría dos armenios residentes en España falan armenio e castelán. Gran parte da emigración de Armenia tras a disolución da Unión Soviética dirixiuse á Unión Europea, incluíndo España, xunto con Rusia e os Estados Unidos de América.
Historia Mesmo se a presenza de armenios individuais no territorio da actual España remóntase polo menos á Idade Media, o seu número aumentou a principios da época moderna, asentándose a partir do século XVI en cidades comerciais como Sevilla ou Cádiz, atraídos pola crecente actividade comercial nos reinos da Monarquía Hispánica, desempeñando un papel importante no comercio persa da seda. Malia un éxito social e comercial inicial, a súa reputación deteriorouse no século XVII por varias razóns, como a preponderancia sobre a importación de tecidos baratos exercida polos comerciantes armenios, a loita dos franciscanos, financiados pola Coroa española, contra outros grupos cristiáns polo control dos lugares santos, e algúns chegaron tamén ao punto de acusar os armenios locais de lealtades encubertas á Sublime Porta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Relacións Armenia-España Ara Malikian
Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora armenia Categoría:Historia de Armenia