Enrique Astray Otero, nado en Aiazo (Frades) o 23 de xuño de 1992, é un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Militante do PSdeG-PSOE, foi candidato á alcaldía de Frades nas eleccións municipais de 2019 e 2023, nas que saíu elixido como concelleiro. Ademais, foi no número 10 nas listas do PSdeG pola provincia da Coruña nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. Desde 2023 é presidente da Asociación de Veciños Os Pasos de Aiazo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Frades
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Frades Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes