Dominikos Kalogeras, O.P. (en ), nado o 15 de xullo de 1915 en Constantinopla e finado o 7 de agosto de 2007 en Aosta, foi un relixioso dominicano grego, administrador do exarcado de Constantinopla e arcebispo de Esmirna. Traxectoria Naceu nunha familia grega e moi relixiosa de Constantinopla o 15 de xullo de 1915. Estudou na escola dos dominicanos e posteriormente foi enviado a Italia para continuar os seus estudos. Alí decidiu unirse á orde, tomando o hábito en Chieri o 9 de outubro de 1932 e, logo de rematar os seus estudos de Filosofía en Chieri e de Teoloxía en Turín, fixo a profesión solemne o 10 de outubro de 1936. Finalmente, o 16 de xullo de 1939 foi ordenado sacerdote.
Os seus primeiros encargos pastorais foron en diversos conventos italianos, até que volveu á súa cidade natal como ecónomo (1948) e posteriormente superior (1953) da comunidade dominincana. Traballou na reorganización das institucións católicas da parroquia, e foi o fundadador da Caritas turca. Tamén neste período foi conselleiro do exarca Dionisio Varouha, e o 27 de maio de 1955 foi nomeado administrador apostólico do exarcado grego de Constantinopla. Posteriormente fou tamén responsable en Italia dos seminarios de rito bizantino.
O 7 de decembro de 1978 foi nomeado arcebispo de Esmirna. Recibiu a consagración episcopal o 10 de febreiro de 1979. Porén, permaneceu moi pouco tempo como arcebispo, xa que renunciou o 22 de xaneiro de 1983 por motivos de saúde; foi substituído por Giuseppe Germano Bernardini. Trasladouse entón a Roma, onde foi vigairo coadxutor do arcipreste de Santa María a Maior. Finou en Aosta o 7 de agosto de 2007, e foi sepultado en Santa María a Maior.
Notas
Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Dominicanos Categoría:Relixiosos católicos de Turquía Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Turquía