Aymane Jelbat (en árabe: أيمن جلباط), nado en Casablanca o 27 de maio de 2000, é un futbolista marroquí que ocupa a posición de defensa. Na tempada 2025/26 xoga no Ourense Club de Fútbol da Primeira Federación.
Traxectoria Primeiros anos Jelbat comezou a súa formación nas categorías inferiores do Raja Club Athletic. No verán de 2015, á idade de 15 anos, participou co Raja nun torneo xuvenil en Gotemburgo, a Gothia Cup. Finalizada a competición, Jelbat trasladouse primeiro a Almería e posteriormente a Gasteiz. Nos seguintes anos formou parte de diferentes equipos do País Vasco como o Club Deportivo Vitoria, o Amurrio Club e o Club San Ignacio, o segundo filial do Deportivo Alavés.
Barakaldo e Bilbao Athletic No verán de 2022 fichou polo Barakaldo Club de Fútbol da Terceira Federación. Na tempada 2022/23 foi xogador regular do equipo e contribuíu a alcanzar o ascenso á Segunda Federación.
O 12 de xullo foi anunciado como novo xogador do Bilbao Athletic da Segunda Federación. Xogou un papel importante para alcanzar o ascenso á Primeira Federación. Con todo, non renovou contrato co conxunto filial e en xullo de 2024 decidiu regresar ao Barakaldo.
Ourense O 2 de setembro de 2025 anunciouse a chegada de Jelbat ao Ourense Club de Fútbol da Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Aymane Jelbat en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Casablanca Categoría:Futbolistas de Marrocos Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Amurrio Club Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Ourense CF