Beach Fossils é unha banda estadounidense de indie rock de Brooklyn, Nova York, formada en 2009. Payseur concibiu orixinalmente o proxecto a finais de 2008 cando se mudou á cidade de Nova York despois de deixar os estudos no seu estado natal de Carolina do Norte. No presente teñen un contrato con Bayonet Records, despois de que anteriormente estiveran co selo independente Captured Tracks. A banda en directo do grupo inclúe actualmente ao fundador Dustin Payseur (voz, guitarra), a Jack Doyle Smith (baixo), aTommy Davidson (guitarra) e a Anton Hochheim (batería). Son coñecidos polo seu son lo-fi e atmosférico, as súas letras confesionais e nostálxicas e o estilo vocal relaxado de Payseur.
Ata a data a banda lanzou catro álbums de estudio, incluíndo o seu álbum de estrea homónimo (2010), Clash the Truth (2013), Somersault (2017) e Bunny (2023), así como un EP titulado What a Pleasure (2011). Beach Fossils, xunto cos seus compañeiros de selo Captured Tracks, DIIV, Wild Nothing e Mac DeMarco, son considerados precursores do son dream pop lo-fi que xurdiu da escena indie underground na década de 2010.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Beach Fossils 2010 Captured Tracks Clash the Truth 2013 Captured Tracks Somersault 2017 Bayonet Records Bunny 2023 Bayonet Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de garage pop Categoría:Grupos musicais de jangle pop Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 2009