Daniel "Dani" Lasure Briz, nado en Zaragoza o 27 de febreiro de 1994, é un futbolista aragonés que ocupa a posición de lateral esquerdo. Na tempada 2025/26 xoga no Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.
Traxectoria Zaragoza Lasure formouse nas categorías inferiores do Real Zaragoza. O seu debut sénior co Deportivo Aragón tivo lugar o 29 de setembro de 2013, cando foi titular nunha vitoria por 4-0 contra o Atlético Calatayud da Terceira División. O seu primeiro partido profesional aconteceu o 7 de setembro de 2016, nun encontro do Real Zaragoza contra o Real Valladolid na Copa do Rei 2016/17.
O 6 de xuño de 2017 renovou contrato co Zaragoza até 2021 e foi promovido definitivamente ao primeiro equipo. O 10 de xuño dese ano realizou o seu debut na Segunda División, nun partido contra o Club Deportivo Tenerife. Nas seguintes tempadas foi titular habitual no equipo zaragozano. O 16 de setembro de 2018 anotou o seu primeiro gol profesional nunha derrota por 1-2 perante a Unión Deportiva Almería.
O 25 de xaneiro de 2020, tras pouco tempo de xogo no Zaragoza, Lasure foi cedido ao Tenerife para o resto da tempada 2019/20. O 22 de setembro de 2020 comezou outro contrato temporal co Club Deportivo Leganés.
O 18 de marzo de 2021 anunciose que Lasure padecía un cancro de testículos. O 25 de xaneiro de 2022, xa recuperado da súa doenza, Lasure renovou contrato co Zaragoza até 2023. O 4 de xaneiro de 2023 finalizou a súa vinculación co club aragonés.
Eibar e Amorebieta O 3 de marzo de 2023 fichou pola Sociedad Deportiva Eibar até final da tempada 2023/24. O 4 de xullo dese ano pasou a formar parte da Sociedad Deportiva Amorebieta.
Universitatea Cluj En agosto de 2024 foi presentado como novo xogador do Universitatea Cluj da Liga I, a máxima categoría do fútbol romanés.
Arenteiro O 2 de febreiro de 2026 anunciouse a chegada de Lasure ao Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Daniel Lasure en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do CD Arenteiro