Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación .
O seu xentilicio é mosense. Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres .
Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.
Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade .
Xeografía <center> Noroeste: Redondela </center> <center> Norte: Pazos de Borbén </center> <center> Nordeste: Ponteareas </center> <center> Oeste: Vigo </center>centre|frameless|105x105px <center> Leste: Ponteareas </center> <center> Suroeste: Vigo </center> <center> Sur: O Porriño </center> <center> Sueste: Ponteareas </center> Situación O concello emprázase no suroeste de Galicia, preto da fronteira con Portugal, flanqueado polos concellos de Vigo, O Porriño e Ponteareas. No seu extremo norte e nordeste limita cos concellos de Ponteareas e Pazos de Borbén.
Orografía e hidrografía No tocante ás elevacións, as máis importantes nas cordilleiras menores do Galleiro, son As Sete Paredes (744 m), o Salgueirón (621 m), o Castelo (543m) e Pereiras (514 m).
Os ríos que regan o municipio son o Louro, que recibe como afluentes o Torroeira, Fraga e Castelo, e, tamén, o río Perral que se une logo ó Louro.
Clima A característica fundamental do clima é a existencia de dous microclimas ben diferenciados. Dunha banda, un clima de montaña, representado nas inmediacións de Peinador, e, doutra, un clima de val representado nas inmediacións do Porriño. <center> {|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Aeroporto de Vigo (1972-2000) |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="17" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura máxima absoluta (°C) | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 21,0 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 27,6 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 28,0 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 29,6 | style="background: #FF4500; color:#000000;" | 33,6 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 38,6 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 36,6 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 37,5 | style="background: #FF0000; color:#000000;" | 36,0 | style="background: #FF4500; color:#000000;" | 30,0 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 24,6 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 23,2 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 38,6 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura máxima media (°C) | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,9 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 16,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,2 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 22,0 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 24,3 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 24,2 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 22,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,5 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,7 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,3 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 17,7 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8,3 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,9 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,9 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,0 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17,3 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,0 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,3 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,2 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 13,6 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura mínima media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 5,0 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 5,8 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,7 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,9 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,8 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,9 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,2 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 9,6 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura mínima absoluta (°C) | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -4,0 | style="background: #80FFFF; color:#000000;" | -5,0 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -3,0 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -0,2 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 2,0 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 4,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,2 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 5,0 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 2,0 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -0,8 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -3,4 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | -5,0 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (mm) | style="background: #4169A9;" | 255 | style="background: #4169E5;" | 219 | style="background: #4169E5;" | 145 | style="background: #4169E5;" | 148 | style="background: #4169E5;" | 141 | style="background: #6495ED;" | 73 | style="background: #87CEEB;" | 43 | style="background: #87CEEB;" | 40 | style="background: #4169E5;" | 113 | style="background: #4169E5;" | 215 | style="background: #4169E5;" | 228 | style="background: #4169A9;" | 298 | style="background: #FFFFFF;" | 1909 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Horas de sol | style="background: #83878b;" | 113 | style="background: #83878b;" | 116 | style="background: #c59217;" | 176 | style="background: #c59217;" | 184 | style="background: #FFFF00;" | 217 | style="background: #FFFF00;" | 269 | style="background: #FFFF00;" | 296 | style="background: #FFFF00;" | 281 | style="background: #FFFF00;" | 205 | style="background: #c59217;" | 154 | style="background: #83878a;" | 109 | style="background: #83878b;" | 90 | style="background: #FFFFFF;" | 2212 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Humidade relativa media (%) | style="background: #4169A5;" | 85 | style="background: #4169A5;" | 81 | style="background: #4169E1;" | 76 | style="background: #4169E1;" | 75 | style="background: #4169E1;" | 77 | style="background: #6495ED;" | 74 | style="background: #6495ED;" | 74 | style="background: #6495ED;" | 74 | style="background: #4169E1;" | 78 | style="background: #4169A5;" | 82 | style="background: #4169A5;" | 86 | style="background: #4169A5;" | 86 | style="background: #FFFFFF;" | 79 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: AEMET |} </center>
Demografía miniatura|A casa do concello está a unha altitude de 131 m. sobre o nivel do mar.
Para entender o crecemento demográfico deste concello hai que situalo xeograficamente na súa contorna tendo especial atención a Vigo. Esta cidade triplicou a súa poboación dende 1880 ata os anos trinta pasando dos 13.416 habitantes do censo de 1877 ata os sesenta mil nos anos da Segunda República. É, pois, a cidade galega que maior incremento porcentual de poboación tivo dende fins do século XIX ata fins do século XX, vinculado ao porto ás súas industrias pesqueiras e, máis tarde, ó sector servizos e á industria automobilística coa apertura de PSA-Citroen.
O crecemento desta cidade coincide tamén coa mellora das vías de comunicación, concretamente dos Tranvías Eléctricos de Vigo, que a altura de 1914 tiñan xa 17 quilómetros de vías. A articulación metropolitana da cidade de Vigo con toda a súa área de influencia, dende Redondela a Baiona e O Porriño, foi obra do desenvolvemento desta sociedade de transporte. Polo concello de Mos pasou unha liña que se iniciaba no Porriño e chegaba ata Cabral. | Evolución da poboación de 1900 a 1991 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 6.0946.7537.0847.3678.9428.87610.01411.18313.10213.414
Divisións administrativas miniatura|Mapa xudicial da provincia de Pontevedra. En granate o Partido Xudicial do Porriño. Mos está dividido, segundo o nomenclátor, en 41 entidades ou núcleos de poboación agrupados en dez parroquias. Con todo, o censo de poboación do Instituto Galego de Estatística nomea a 77 núcleos de poboación agrupados da seguinte forma: #ParroquiaEntidades menores (lugares)Poboación 2014 (hab)1Cela (San Pedro)Arufe, Atín, O Coto, Erville, Pardellas, Cabanelas, Igrexa, As Pereiras, Sequeiros.1.3652Dornelas (Santa María)Os Castros, O Cotiño, Brea, Pedreira.6623Guizán (Santa María)Rexomil, As Sobráns, Castro, Cruceiro, Fraela, Santiaguiño.8684Louredo (San Salvador)A Arrufana, O Enxertado, Pantaño, O Pombal, Candosa, Casanova, Cortiñas, Eiragrande, Quintal, Santo Antoíño, Torroeira.1.6265Mos (Santa Eulalia)O Castro, A Gándara, As Regadas, A Rúa, Santa Marta, A Zapateira, Cabaleiros, Cantín, Espaín, Pedrapinta, Sobrado.1.5856Pereiras (San Miguel)Campo de Eiró, Casal, Casalmorto, Roublín.1.4077Petelos (San Mamede)Balteiro, A Estivada, A Porteliña, Reguengo, Veigadaña, Barro, Laxe, Perral.1.3738Sanguiñeda (Santa María)Agueiro, Amieiro Longo, Ansar, Monte, Piñeiro, Cerqueiras.1.6239Tameiga (San Martiño)O Casal, A Igrexa, Pedraúcha, A Portela de Puxeiros, Bosende, Camaña, Rebullón.3.39710Torroso (San Mamede)Louriño, O Outeiro, Barreiros, Cabezal, Cotofe, Fontiña, Igrexa, San Xoán, Seixabre, Texe.1.418 Das dez parroquias, Tameiga é a máis poboada con máis do dobre de poboación que calquera outra. Unha das características do concello é a ausencia dun centro urbano e a súa dispersión xeográfica. A clasificación que o IGE fai do concello corresponde á etiqueta Zona Pouco Poboada (ZPP).
Tradicionalmente o concello incluíase no partido xudicial de Redondela, sendo agregado nas súas sucesivas desaparicións no de Vigo e Tui. Posteriormente o concello pasou a inscribirse no partido xudicial do Porriño.
Emigración