Juan Pedro Jiménez Melero, coñecido como Juanpe Jiménez ou simplemente Juanpe, nado en Jerez de la Frontera o 31 de marzo de 1996, é un futbolista andaluz que ocupa a posición de mediocentro. Na tempada 2025/26 xoga no Málaga Club de Fútbol da Segunda División.
Traxectoria Cádiz Juanpe formouse nas categorías inferiores do Cádiz Club de Fútbol. O 2 de decembro de 2014 renovou contrato por cinco tempadas. Ese mesmo mes realizou o seu debut sénior co Cádiz Club de Fútbol Mirandilla nunha vitoria por 2-0 contra o Club Deportivo Mairena da Terceira División.
O 13 de xaneiro de 2016 foi convocado para un partido da Copa do Rei do Cádiz contra o Celta de Vigo, aínda que finalmente non participou no encontro. A súa estrea profesional tivo lugar o 19 de agosto de 2016, cando foi o substituto de Abel Gómez nun empate 1-1 contra a Unión Deportiva Almería da Segunda División.
O 1 de xaneiro de 2017 anunciouse a cesión de Juanpe ao Atlético Mancha Real da Segunda División B até xuño dese ano.
Sevilla En agosto de 2018 foi fichado polo Sevilla Fútbol Club e foi asignado inicialmente ao Sevilla C. En setembro dese ano foi promovido ao Sevilla Atlético. O 5 de novembro de 2018 renovou co club sevillano até 2020. O 11 de outubro de 2019 asinou unha nova ampliación de contrato até 2021.
Lugo O 12 de agosto de 2020, xa como axente libre, Juanpe fichou polo Club Deportivo Lugo da Segunda División cun contrato por tres tempadas. O 29 de outubro de 2020 anotou o seu primeiro gol profesional para alcanzar un empate 1-1 perante o Club Deportivo Tenerife.
Málaga O 21 de xuño de 2023 pasou a formar parte do Málaga Club de Fútbol, que viña de descender á Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Juanpe en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na provincia de Cádiz Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Málaga CF