Zinaída Mijáilovna Tusnolobova-Marchenko (en ), nada en Shevtsovo (RSS de Belarús) o 23 de novembro de 1920 e finada en Polotsk (RSS de Belarús) o 20 de maio de 1980, foi unha médica do Exército Vermello. Loitou durante a segunda guerra mundial integrada no 849º Rexemento de Fusileiros. Tras ser ferida por un soldado alemán nos arredores de Kursk sufriu conxelación severa e feridas gangrenosas, polo que se tivo que someter a unha amputación cuádrupla. Como as súas feridas a obrigaron a retirarse do exército, falou por radio e escribiu unha carta aberta aos soldados da Primeira Fronte Báltica que recibiu máis de 3000 respostas. Recibiu o título de Heroína da Unión Soviética o 6 de decembro de 1957 e a Medalla Florence Nightingale en 1965, a terceira muller soviética en recibir a devandita condecoración.
Traxectoria
Infancia e mocidade esquerda|miniatura|Zinaida Tusnolobova-Marchenko antes da guerra. Zinaída naceu nunha familia rusa de agricultores na granxa Shevtsovo en Pólatsk (RSS de Belarús). Despois de graduarse da escola secundaria traballou como química en Leninskugol. Uniuse ao exército despois do comezo da guerra e afiliouse ao Partido Comunista en 1942.
Segunda guerra mundial
Zinaída uniuse ao Exército Vermello en abril de 1942, despois do comezo da invasión alemá da Unión Soviética. Tras graduarse dos cursos de enfermaría foi asignada ao 849º Rexemento de Fusileiros.
Durante os seu primeiros oito meses de servizo militar evacuou 123 soldados soviéticos feridos do campo de batalla. O 2 de febreiro de 1943, mentres tentaba rescatar un comandante de pelotón ferido, resultou gravemente ferida e rompéronlle ambas pernas. Mentres os soldados alemáns corrían polo campo de batalla, finxiu estar morta, pero un soldado alemán decatouse de que aínda estaba viva e comezou a golpeala brutalmente, case até a morte. Un pelotón de recoñecemento nocturno notou que aínda vivía e logrou levala a un hospital de campaña tres días despois. Sufriu unha conxelación severa, polo que tiveron que realizarlle oito cirurxías para salvar a súa vida. Amputáronlle a man esquerda, todo o brazo dereito, o pé esquerdo e a perna dereita até o xeonllo.
Durante o resto da guerra, mentres se recuperaba, escribiu unha carta aberta á Primeira Fronte Báltica pedíndolle que vingasen o sufrimento inflixido a ela e a outros. Na súa carta comezou dicindo que estivera atrapada nunha cama de hospital durante 15 meses a causa do Eixe, ao que se referiu como «os fascistas». Mencionou brevemente a súa vida antes da guerra, pero pasou directamente a describir o seu anoxo polo comportamento dos fascistas. Relatou como tivo que escribir cun lapis atado ao muñón do cóbado, como o seu irmán perdeu a man e o seu esposo morreu na guerra, dicíndoo sen reviravoltas como «Fixérono os fascistas». Terminou a carta pedíndolles que non perdoasen un só soldado alemán para vingarse do pobo ruso. A carta foi un grande éxito e provocou máis de 3000 respostas das tropas prometendo vinganza no seu nome. A partir de entón numerosos tanques e avións soviéticos levaban lemas como «Isto é por Zinaida» ou «Por Zinaida Tusnolobova». Converteuse nunha práctica tan popular que outro Heroe da Unión Soviética, Piotr Andreev, tíñao escrito na fuselaxe do seu avión.
Posguerra Despois da guerra, regresou novamente a Pólatsk. Alí casou cun compañeiro veterano de guerra, o tenente Joseph Petrovich Marchenko, quen traballou como enxeñeiro despois da guerra. Tiveron un fillo e unha filla. O seu fillo, Vladímir Marchenko, serviu no exército durante dous anos. En 1957, moito despois do final da guerra, recibiu o título de Heroína da Unión Soviética por decreto do Soviet Supremo da Unión Soviética polo seu valor na guerra. A Cruz Vermella outorgoulle a Medalla Florence Nightingale en 1965.
En Pólatsk traballou no concello e realizou moito labor social. Morreu de pneumonía o 20 de maio de 1980 con 59 anos. Varias escolas e rúas en diversas cidades de Belarús recibiron o seu nome na súa honra.
Condecoracións miniatura|250x250px|Sobre postal de Belarús de 1992 que representa a Tusnolobova-Marchenko Ao longo da súa carreira militar recibiu as seguintes condecoracións:
Heroína da Unión Soviética (6 de decembro de 1957) Orde de Lenin (6 de decembro de 1957) Orde da Bandeira Vermella (14 de abril de 1945) Orde da Estrela Vermella (6 de novembro de 1942) Medalla Florence Nightingale (12 de maio de 1965) Medalla pola Vitoria sobre Alemaña na Gran Guerra Patria 1941-1945 (1945) Medalla Conmemorativa do 20º Aniversario da Vitoria na Gran Guerra Patria de 1941-1945 (1965) Medalla Conmemorativa do 30º Aniversario da Vitoria na Gran Guerra Patria de 1941-1945 (1975)
Notas
Categoría:Militares da Unión Soviética Categoría:Orde de Lenin Categoría:Heroes da Unión Soviética Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados en 1920